mércores, 18 de agosto de 2010

ESPAÑA PODRECIDA DE CORRUPCIÓN

As investigacións sobre os casos Pretoria e Palau sobre corrupción aínda non concluíron, e tampouco o intercambio de acusacións e críticas entre os políticos cataláns. O presidente da Generalitat, José Montilla do PSC, criticou o venres pasado, no seu discurso de fin de período laboral, a Artur Mas de CDC por non aclarar dúbidas respecto da investigación do financiamento ilegal do seu partido no caso Palau da Música, así como por tachar de pouco concretos os datos do informe de Facenda sobre o caso. Non é a primeira vez que os nacionalistas cataláns ven envolvidos en casos de corrupción en relación ao financiamento ilegal do seu grupo.
Pola súa banda Mas contestou que son estratexias electorais para prexudicar aos nacionalistas, quen ao parecer poderían gañar as eleccións, quedando Mas como presidente da Generalitat. O feito é que, no canto de que os membros dos partidos despexen as dúbidas sobre ambos os casos e busquen recuperar a confianza dos cidadáns, utilizan os informes e datos para atacarse mutuamente con fins electorais.
O que é verdade é que a corrupción é un mal que está erosionando a todos os partidos e a demasiados dirixentes políticos. No caso Pretoria investigáronse a persoas do PSC e de CIU, así como a varios empresarios. Os partidos políticos en Cataluña están desacreditándose por malos manexos, corrupción e ataques entre eles. A mala imaxe da clase política entre a cidadanía española aparece xa sistematicamente en todos os estudos sociolóxicos. Unha maioría substancial dos españois empeza a considerar que os políticos son o problema moito máis que parte da solución. Cataluña non é unha excepción e os nacionalistas tampouco. Os cataláns necesitan saber o que os seus dirixentes fan e merecen mellores representantes.

Ningún comentario: