luns, 2 de agosto de 2010

TEQUILA E HOTEL CON 'SPA'

Edís do PP de Tenerife compraban artigos de luxo con fondos municipais

O informe do interventor revela un presunto financiamento ilegal do partido

As facturas presentadas polo Partido Popular en Santa Cruz de Tenerife para xustificar os 160.000 euros de asignación municipal recollen gastos que pouco teñen que ver co labor que desempeña un partido político, como compras de alcol e roupas de marca.
Da longa lista, destacan os 300 euros en botellas de whisky, ron, tequila e cervexa; xemelgos por valor de 200 euros, guantes de esquí e máis de cen euros en puros. Do mesmo xeito, aparecen varias reseñas por reformas de albanelería, entre as que sobresae unha superior aos 2.500 euros, nas que o interventor advirte de que non se ve a relación coa actividade do grupo popular, ao contar cun local municipal en perfecto estado".

Con todo, as facturas máis rechamantes son as relacionadas co gasto en roupa interior feminina, por un importe de 33 euros, así como o aloxamento para tres persoas nun hotel de luxo do sur da illa, con circuíto de spa incluído, que custou ao redor de 130 euros.

Ningún comentario: