mércores, 29 de setembro de 2010

FEIJÓO DECLARA DE INTERES XERAL O PLAN PARA LEGALIZAR BARREIROS

O acordo desbloquea o convenio para seguir adiante coas urbanizacións

A Xunta aprobou a declaración de incidencia supramunicipal para o plan que dota de infraestruturas básicas ao Concello de Barreiros. O acordo, que o presidente, Alberto Núñez Feijóo, evitou mencionar na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, é clave para legalizar as máis de 3.000 vivendas paralizadas polo bipartito, cuxa conformidade a Dereito estudan distintos xulgados e que motivou unha denuncia do fiscal por prevaricación contra o alcalde do PP, Afonso Fonte, que aprobou as licenzas.
O interese supramunicipal é un instrumento ao que as administracións recorren habitualmente para impulsar dotacións de interese xeral que superan as competencias municipais, como hospitais, parques empresariais ou autovías.
Neste caso, outorga cobertura legal a obras de rede de sumidoiros e beirarrúas das que carecían as urbanizacións levantadas a pé de costa e que foron impugnadas polo bipartito. A declaración de interese supramunicipal figura no convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Territorio, a Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros para legalizar os proxectos. O convenio apela ao "profundo impacto económico" que a suspensión das licenzas causou aos promotores "en toda a provincia de Lugo".

Ningún comentario: