mércores, 27 de outubro de 2010

CONTRA A CORRUPCIÓN, TRANSPARENCIA

Se hai unha ferramenta que faga máis eficaz á Administración e diminúa a corrupción, esta é a transparencia. Coñecer en tempo e forma o investimento e o gasto das nosas administracións e empresas públicas é fundamental para avanzar na democracia e o benestar.

Estamos cansados de escoitar como se nega, ou se mostra só unha parte das contas públicas, a que interesa, coma se os nosos representantes políticos fosen reyezuelos tribais e o resto, súbditos. A ausencia de transparencia fomenta a malversación e o nepotismo. Os países máis transparentes como Dinamarca, Nueva Zelanda ou Suecia deben ser o noso referente.

Pero quen pode tomar esa medida é a clase política e actualmente o seu nivel de competencia é baixo. Coincido coas declaracións do ex presidente de Aragón: "A política profesionalizouse. Os brillantes non teñen entrada porque os que están, xa están colocados e non deixan entrar a ninguén". Entón, ¿quen tomará as medidas que van contra os seus intereses?

Ningún comentario: