sábado, 9 de outubro de 2010

CONTRA A IMPUNIDADE

No caso Gürtel hai varios delitos, e varios sospeitosos. Cada un deles é presupuesto inocente de cada un dos delitos mentres non se demostre o contrario. Pero é indubidable que os delitos existen, e que os seus autores están entre os imputados. Xa que logo, mentres non se demostre quen é culpable de cada un dos delitos, non pode haber condenas penais. Pero si sabemos de certo, máis aló de toda dúbida razoable, que membros da cúpula directiva do PP e empresarios conniventes con eles delinquiron. A defensa numantina que fai o PP desa falsa presunción de inocencia faille cómplice deses delitos, e baséase nun presupuesto mentireiro: que se non hai condena o delito desaparece. Non desaparece, senón que queda impune, que non é o mesmo. Da diferenza entre responsabilidade penal e responsabilidade política é inútil falarlles.
Parece que ao PP e aos seus principais líderes, estalles molestando e moito ao parecer, os labores do noso Corpo de Policía e dos nosos xuíces para destapar todas as corruptelas políticas, bo todas non, só as que afectan aos membros do seu partido e que son a maior parte estendidas ao longo e ancho de todo o país. Isto non é nada sorprendente sabendo a estraña vara de medir que ten o PP. Agora o que de verdade sorprende e moito, é que Esperanza Aguirre diga sen ruborizarse que sente inmersa nun Estado policial, ¡carallo! Que alguén que estivo inmerso nun caso de espionaxe a membros do seu propio partido diga esas cousas... A xuíz que ha sobreseído o caso fíxoo por non ser demostrable que se fixese con diñeiro público, pero non que non se realizase esa espionaxe, e iso, ¿como o cualificaría Aguirre? Se estas actividades son tan normais no seu partido, ¿como non se adiantaron á propia policía detectando a todos os seus corruptos?.
G.U-J.A.

Ningún comentario: