martes, 5 de outubro de 2010

O EURO É O CULPABLE?

A crise da débeda nos países periféricos do euro estendeu o argumento de que a moeda europea está na orixe do problema. Aínda que a burbulla inmobiliaria tamén afectou a países como Estados Unidos ou Reino Unido, o xigantesco peso da construción en Irlanda e España puxo á moeda europea no disparadero.
"Entrar no euro trouxo o caos á economía irlandesa. Tróuxonos unha enorme inflación dos activos e dos prezos, perdas de competitividade, un déficit por conta corrente enorme e a burbulla inmobiliaria", sostén David McWilliams.
"O que ocorreu en Irlanda é semellante ao que pasou na España do século XVI co ouro de América. Provocou unha hiperinflación e os españois deixaron de producir manufacturas porque tiñan todo ese ouro das Indias. A Irlanda pasoulle o mesmo con todo ese diñeiro barato malgastado en casas e artigos de luxo".
Mentres os alemáns aforraban, os irlandeses gastaban: nos últimos catro anos do boom, os bancos irlandeses tomaron prestados 127.000 millóns de euros da banca alemá.
"A culpa non a ten o euro. Téñena os gobernos irlandés e español, que o xestionaron mal e desperdiciaron unha gran oportunidade", asegura John Fitz Gerald, do ESRI. "O euro deu a oportunidade de acceder a capital a custos máis baixos. Irlanda e España necesitaban moitas máis vivendas, pero non nas zonas turísticas. Nós publicamos unha serie de alertas sobre a necesidade de endurecer a política fiscal. En 2001 recomendamos introducir un imposto ao pago dos intereses das hipotecas para disuadir a compra de casas. Pero o Goberno ignorou os avisos. Estaba moi claro desde 2003 que a economía levaba unha dirección perigosa", engade.
A burbulla inmobiliaria podíase evitar con medidas fiscais, "pero non o fixo ninguén", subliña McWilliams. "Nós non o fixemos, os españois tampouco, nin os gregos tampouco, nin os portugueses. A única forma de que funcione o euro é a través do federalismo fiscal e unha verdadeira integración política. A min gustaríame que pasase iso, pero ninguén o quere en Europa. Hai un límite á integración europea".

1 comentario:

VIGO dixo...

Hace tiempo que pienso sobre este aletargamiento de la sociedad en general, incluso lo comento y nadie termina de comprenderlo. Pienso que esta inanición por parte de parados, trabajadores precarios, autónomos sin trabajo, empresarios en la cuerda floja, etc, etc, etc y con la que está cayendo a nivel económico, viendo la corrupción que existe, que los que han saqueado el sistema han salido de rositas, lo mal que lo hacen los politicos, que el mercado en cada sector está dominado por pocas grandes empresas que manejan los precios y maltratan a los clientes, que los servicios sociales y ayudas a las familias adolecen de una calidad aceptable y que mires donde mires y lo que mires está todo fatal y a punto de derrumbarse... pues eso, que toda España esta sumida en una grave y profunda depresión en la que ya no queda ni un ápice de ilusión ni ganas de luchar.
!!!Y ZAPATERO SIN ENTERARSE¡¡¡