mércores, 6 de outubro de 2010

A XUNTA DESVÍA UN VIAL PARA SORTEAR A LEIRA FAMILIAR DUNHA TRÁNSFUGA

A alegación redactouna para o PP a propia beneficiada tras regresar ao partido

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas decidiu cambiar o último quilómetro da autovía que unirá Santiago e A Estrada. O departamento que dirixe Agustín Hernández acepta así unha alegación do PP da localidade pontevedresa que evita que o trazado afecte á leira dunha destacada militante do partido, que se incorporou en 2009 ao PP procedente dunha formación independente xunto con dous concelleiros tránsfugas.
A propia militante beneficiada, Sonsoles Carbia, enxeñeira de Camiños, foi a redactora da reclamación agora aceptada pola consellería, que salva da expropiación unha leira de 11.000 metros cadrados da súa familia. A alegación para que a Xunta cambiase o trazado da autovía foi unha das primeiras responsabilidades que lle encargou o partido cando regresou ao PP en setembro de 2009, logo dunha operación pilotada polo presidente provincial do partido, Rafael Louzán.
Con Carbia, ingresaron no PP dous edís elixidos por Cidadáns de Galicia (Cidega) da Estrada, un deles, ex concelleiro de Urbanismo polo PP, partido ao que tamén pertencera a autora da alegación. O secretario xeral do Partido Popular, Afonso Roda, aplaudiu a xenerosidade dos readmitidos, dos que asegurou que regresaban ao partido "sen condicións". Cidadáns de Galicia logrou dous concelleiros nas municipais de 2007, agora ambos os integrados no grupo municipal do PP. Sonsoles Carbia, terceira da lista de Cidega, quedou ás portas de lograr acta de concelleira.
A presentación da alegación supuxo un cambio radical na postura que mantiña desde facía anos o Partido Popular da Estrada, onde goberna o PSdeG. Os populares viñan defendendo que se aceptase o proxecto tal e como estaba exposto pola Xunta, para evitar que o cambio de trazado supuxese unha demora nos prazos de execución. Os socialistas chegaron a acusar ao PP de "presionar a colectivos locais" para que apostasen pola opción orixinal. Con todo, o ingreso de Carbia no PP cambiou a formulación, e o partido pasou a defender que o cambio no último quilómetro melloraría as comunicacións coa zona. Cando presentou a alegación, en decembro pasado, e a consultas deste xornal, Sonsoles Carbia asegurou "non ser consciente" de que a modificación evitase a expropiación dunha leira familiar.
Medio Ambiente elixiu un sistema peculiar para anunciar que aceptaba a alegación. Fíxoo durante unha recepción ao candidato do PP á alcaldía da Estrada, José López Campos, unha reunión á que se convocou a camarógrafos e fotógrafos para que desen conta da cita, revestida de carácter institucional. Foi nesa entrevista cando a consellería informou do cambio do último quilómetro, no enlace coa Estrada, "para garantir unha mellor conectividad". O conselleiro aproveitou a reunión co candidato para anunciar o inicio no primeiro trimestre de 2011 das obras, unha vez emitida a declaración de impacto ambiental.
El País

2 comentarios:

Anónimo dixo...

LOS CACIQUES AL PODER

No me puedo creer que Feijoó permita que se hagan estas cosas, que acaben mandando los caciques locales hasta el punto de cambiar el trazado de una autovía. Esta xunta es muchísimo peor que la de Fraga, pasan olimpicamente de Galicia, solo se dedican a permitir chanchullos y las ideas que tiene son del tipo: "vamos a intentar prolongar el xacobeo".

UN VIGUES dixo...

Se asombran, en el PP tiene que ser muy religiosos. ¿Será por los pecados cometidos? ¿Esperan acaso el perdón? Franco tuvo que ir bajo palio y tenía la mano de santa Teresa de Jesús entre otros fetiches. Los más modestos llevaban escapularios. Cada uno tiene lo que se busca. Pero la realidad es muy tozuda y nos coloca donde merecemos. Cuando se denuncia un caso de estos, estamos denunciando una forma de hacer política mafiosa. Pero no se preocupen que don Mariano tiene "tinto de verano" y nadie se va a marchar.
La catadura ética y moral del Partido Profranquista está a la altura de la miseria moral y ética de sus votantes, que saben que serán atendidos ante cualquier eventual ilegalidad, mangoneo, corruptela o negociete jugoso. Solamente una prensa tan sucia, mezquina y chantajista como la existente en Galicia puede obviar lo que es habitual (ya sucedió en Ourense con la Autovía, y en varios tramos). En el país dónde el TRATO DE FAVOR está generalizado y aceptado como ley, la LEY DEL EMBUDO se convierte en fuente básica del Derecho.