martes, 2 de novembro de 2010

ESCANDALOSO SEGURO DE 450.000 € DO PODER XUDICIAL PARA FIANZAS DOS XUÍCES

A contratación prové dun fondo para facer fronte ao pago para eludir prisión se un maxistrado comete un delito no exercicio da súa función

O Consello Xeral do Poder Xudicial deu luz verde, cos votos da maioría do sector conservador e da vogal progresista Margarita Robles, á contratación dun seguro que custa ao redor de 450.000 euros para facer fronte á responsabilidade civil en que incorran os xuíces no exercicio da súa función e que inclúe o pago das multas froito de procesos penais e fianzas que eventualmente se lles poidan impor para eludir o cárcere por delitos dolosos.
Fontes do sector progresista consideran un "escándalo" que o Poder Xudicial desembolse das arcas públicas, do diñeiro de todos, unha cantidade desa magnitude para afrontar responsabilidades que exceden do ámbito meramente civil e penétranse no penal, unha prebenda da que gozan moi poucos cidadáns, sinalan os citados medios. A este desembolso de 450.000 euros cabe sumar os outros 236.000 que destinou tamén o Consello para sufragar unha campaña institucional que busca "achegar o traballo dos xuíces á sociedade", segundo a definición do propio Consello.
O polémico e novo seguro implica o seguinte. Se, por exemplo, un xuíz comete un delito e outro colega dita contra el unha medida de prisión eludible baixo fianza, a compañía de seguros contratada polo Poder Xudicial faríase cargo desa fianza, así como de eventuais multas ou sancións administrativas. Varias compañías presentaron ofertas para asumir este seguro, pero aínda non se abriron as plicas, sinalan fontes do órgano de goberno dos xuíces, indignadas cunha decisión que supón pagar con diñeiro público prerrogativas das que non goza case ningún cidadán, "e máis aínda tratándose, non xa de equivocacións ou erros, senón de situacións derivadas da comisión de delitos dolosos". A contratación deste seguro desatou fortes tensións no seo do pleno.

1 comentario:

Seneca dixo...

la justicia corrupta

O sea , que estos señores/as, tienen derecho a equivocarse con respecto al còdigo penal, y si lo hacen, tienen un seguro que los cubre. El resto de los mortales, nos podemos equivocar, y el peso de la ley, caerá sobre nuestras humildes cabezas. De esto saco una conclusión : puedes equivocarte, pero como te encuentres en el bando equivocado, serás un triste reo ajusticiado. Oh, cuan cruel es este mundo donde las injusticias vuelan cual pájaro, libres de cargos y aterrizando en cualquier lugar.
Lo de Margarita Robles es una verguenza, al igual que el nombramiento de Divar, un ultracatólico de derecha muy extrema, que juro fidelidad a Franco, como presidente.