xoves, 23 de decembro de 2010

OS EX ALTOS CARGOS DO ESTADO TEÑEN O SEU CUSTO

Os Orzamentos Xerais de 2011 inclúen máis de tres millóns de euros para afrontar indemnizacións.

As crises de goberno e as renovacións dos órganos constitucionais teñen un custo político e outro económico, a conta das pensións de indemnización e remuneracións de transición que contempla a lei. O Executivo previu 608.000 euros para os seus ex ministros e ex secretarios de Estado nos Orzamentos de 2011, un 50% menos que no exercicio anterior. Unha cifra que aumenta ata 3,34 millóns de euros se se suman os pagos a ex maxistrados do Tribunal Constitucional, aos futuros membros saíntes do Tribunal de Contas, en situación de interinidade desde o mes pasado, e aos conselleiros permanentes do Consello de Estado.
O ex Defensor do Pobo Enrique Múgica tamén ten dereito a recibir unha indemnización en 2011 tras cesar no cargo o pasado xullo. Con todo, dada a opacidade que se mantén ao redor dos emolumentos que percibe esta figura institucional, a contía é unha incógnita. Nin vén detallada nos Orzamentos, a diferenza dos outros órganos constitucionais, nin na institución fan pública a remuneración a falta dunha obrigación legal. A transparencia e publicidade non chegou ata o soldo do Defensor.
As pensións no Goberno
Nun ano de axustes, o Ministerio de Presidencia recortou os fondos para as oficinas dos tres ex presidentes do Goberno. A partir de 2011, disporán de 79.300 euros cada unha fronte aos 90.000 de antes da crise, segundo consta nas Contas do próximo ano. Nas oficinas de Adolfo Suárez, Felipe González e José María Aznar, o recorte foi dun 11,8%. Ningún dos tres cobra pensión indemnizatoria porque superaron amplamente as 24 mensualidades ás que tiñan dereito...

Ningún comentario: