mércores, 16 de febreiro de 2011

DE VOTOS E "MASS MEDIA"

A democracia é guay. Se non que llo digan a Mubarak -por certo, chao-. Por iso Zapatero leva xa meses facendo o petate e dicíndolle a Sonsoles que este ano non saque do armario toda a roupa de inverno, que total...
No país da pandeireta, aprendemos dos nosos maiores, por iso fixámonos no legado de Toqueville. Así nos vai, que os problemas chegan no mesmo avión que os Big Mac. Temos "lobbys" mediáticos. Si, crer. Se non de que ía silenciarse o único cesamento do fogo "serio" de ETA que eu recordo.
A presión chégalles aos profesionais que contan ben o que pasa no Cairo e rumorean a parte para todos os públicos do que ocorre a cen quilómetros das súas casas. Seino, só repito un lugar común, pero é que parece que non todo o mundo dáse conta. O mimetismo cos ianquis continúa nun electorado marcado polo bipartidismo pelele. Sábese que un ano gaña o PP e ao seguinte os outros, pero a min ségueme custando pillar o da alternancia.
Partimos da base de que a masa é idiota. Pois ben: un idiota un voto. Se ese idiota é de centro esquerda mete o papeliño en socialista. Ata aí todo claro. Pero está comprobado que, un bo día, catro anos despois, o elector cambia de pau e confía nos democristiáns.
Ou sexa, que aínda existe xente tan panoli como para "pensar" que uns e outros son cousas distintas. Hai quen un ano cre a Rajoy cando di que a dereita é a defensora dos pensionistas, das causas sociais e dos que non teñen un "can" e ao seguinte non. ¿Como se pode un fiar un maio dun discurso e ao seguinte do presuntamente oposto?
Somos globais e por iso se o Dow Jones baixa, Negreira sabe que Losada non será rival, porque a crise é culpa do que senta na cadeira. Mentres, o presidente pecha empresas en Antena 3 e unha canle máis adiante a culpa é do aspirante ao título. E Cristiano. E Messi. E Deus, que todos sabemos de que equipo é, deunos primeiro o raciocinio e despois a televisión nunha alegación a favor do libre alvedrío. Mírao que cabrito.
M.P.

Ningún comentario: