sábado, 26 de febreiro de 2011

ENGÁNANNOS COMO CHINESES

Vale, campións, vale. Hai que facer como os chineses. E estamos cerca, pois o salario medio español (21.500 euros, brutos, anuais) é a metade que no Reino Unido, Alemaña e Holanda. Ademais é unha cifra enganosa; e é que a estatística suma e logo divide por onde lle place: ao carón, os dos bonus, parlamentarios e outros grupos de bo comer e, ao outro os milieuristas, (63% dos empregados), os xubilados e os parados que cobran subsidios. A división dá ese resultado que asinarían miles e miles dos nosos concidadáns.
Ademais o noso país é o único do mundo coñecido onde os autónomos, pequenos e medianos empresarios que pagan por módulos declaran de media, menos ingresos que os traballadores e pensionistas xuntos.
Así que... case estamos ás portas do ceo, China por medio.
Para máis inri os chineses en -conxunto- son os que menos cobran, os que carecen de máis -beneficios sociais e os que sofren os horarios máis longos e as vacacións máis curtas.
Vanse decatando, colegas?
En China gañan moito moi poucos e aquí, neste paraíso do primeiro mundo, os beneficios empresariais -segundo datos de dona Estatística- entre 1999 e 2006 foron do 73% e os salarios perderon, nese período un 4%
Queda claro?
E que lles pasa aos chineses? Segín Pons, que non viron nos telexornais a Exipto e, segundo un emérito profesor e economista (declaracións á Cadea SER), os chineses están ben como están, pois se tivesen os mesmos coches que Estados Unidos consumirían o cento por cento do petróleo que hai no mundo e subiría ata San Pedro a contaminación.
Un radioescucha contestoulle o que pensamos vostede e eu: se eu fose chinés mandaríavos á merda. Así que: agora que contaminastes todo ¡querer privar do coche!
Engánannos como a chineses. E, ademais, nos "quitan" o coche.
Xa o intentou a Xunta con aqueles anuncios de "Galicia bonita e barata", con traballadores autóctonos traballando como chineses, para atraer investidores do primeiro mundo a este de terceira segundo asómase un á realidade.
Salvaranos o valente 009?
J.M.V

Ningún comentario: