luns, 14 de marzo de 2011

O REI BORBÓN-QUE PASA EN ESPAÑA


Que pasa en España?, Por que vai tan mal todo?...

O outro dia contoume un amigo un chiste:

Unha profesora nunha escola dálles como deberes aos seus alumnos investigar de que xeito funciona o país. Pola tarde ao chegar a casa uns dos nenos preguntan:

Papa, como funciona España?

Voucho a explicar cun exemplo, colle o teu caderno e escribe:
O meu pai é o goberno, porque en casa manda el. A miña nai é a lei, porque ela impón a orde. A miña avoa é a prensa, porque está decatada de todo. A empregada é o pobo, porque fai o traballo duro...

E o neno di:

E eu son a mocidade eo meu irmán é a esperanza do mañá!

Aí esta! Xa tes a túa tarefa resolta

A media noite, o neno levántase para ir ao baño e escoita ruídos no cuarto de servizo. Ao achegarse, sorprende ao seu pai coa señora da limpeza. Asustado corre ao cuarto da súa nai e atópaa durmida, vai á habitación da súa avoíña pero esta atópase vendo a televisión.

Ao volver á súa habitación atopa á seu irmán co cueiro sucio e exclama con asombro:

Agora entendo todo!!!

O goberno tírase ¨ao pobo", mentres a lei dorme como un tronco. A prensa perde o tempo en bobadas, a mocidade deambula desorientada e ninguén lle fai caso... e a esperanza do mañá esta de merda ata o pescozo!

Ningún comentario: