domingo, 13 de marzo de 2011

TRABALLAR POR UNHA DEMOCRACIA REAL

Non é a primeira vez na historia dos pobos, nin será a última, en que os cidadáns deciden reivindicar e conquistar a súa condición de protagonistas na xestión dos asuntos públicos e na provocación de cambios na situación económica, política e social do seu país. Este é o caso que estamos actualmente vivindo en Túnez, Exipto, Libia e Iemen, países aos que probablemente se sumarán en breve outros, tanto da conca mediterránea como de África e Asia.
A xente que agora se levantou contra o seu Goberno para reivindicar liberdade, xustiza, traballo, honradez, transparencia e, en xeral, democracia, volve mostrar o camiño a seguir, non só para aqueles países que estiveron, ou actualmente están, sometidos a réximes ditatoriais ou seudodemocráticos, senón para aqueles que sofren un réxime democrático deteriorado ou simplemente formal.
As sociedades vivas, do mesmo xeito que as persoas a título individual, teñen unhas necesidades que, de acordo con Maslow, están organizadas segundo unha orde xerárquica: a medida que se satisfán as máis básicas ponse de manifesto outras que ocupan posicións máis elevadas na súa famosa pirámide.
Naqueles países onde a democracia xa foi implantada, e ata leva funcionando moitos anos, non sempre responde a necesidades da cidadanía que están a un nivel superior ao da mera existencia de tal réxime. Tales necesidades esixen que este funcione ben e considere que o destino de todas as súas actuacións é o cidadán, para cuxas necesidades os poderes do Estado: Executivo, Lexislativo e Xudicial son meros servidores.
O pobo español debe manifestarse activa e claramente para esixir o que é necesario: unha democracia real; e, isto, independentemente das súas simpatías políticas, xa que todos os partidos son responsables do dano causado ao noso sistema político, uns por acción e outros por omisión; todos por interese.

1 comentario:

Anónimo dixo...

En una democracia real debe darse a las minorías las garantías que merece su representatividad pero, además, debe extremarse toda medida que favorezca en la práctica su inserción y desarrollo. Hoy, las minorías acosadas por la xenofobia y la discriminación piden angustiosamente su reconocimiento y, en ese sentido, es responsabilidad de los humanistas elevar este tema al nivel de las discusiones más importantes encabezando la lucha en cada lugar hasta vencer a los neofascismos abiertos o encubiertos. En definitiva, luchar por los derechos de las minorías es luchar por los derechos de todos los seres humanos.