xoves, 31 de marzo de 2011

O VENCEDOR DE BATALLAS PERDIDAS

Fai xa 60 anos que se ataca aos ecoloxistas representándolles como seres idealistas equivocados, utópicos trasnoitados, activistas subversivos, ignorantes exaltados, bobos útiles, lacayos de potencias estranxeiras e ata se inventou o termo de ecoloxista de salón para maior desprestixio.
Os inimigos dos ecoloxistas dispuñan de todos os medios necesarios para gañar menos un: e é que os ecoloxistas, e aí está a historia para confirmalo, sempre tiñan a razón. Unha razón que tarde ou cedo -moitas veces, demasiado tarde- acabou por ser aceptada pola sociedade. Desde a conservación de espazos á protección de especies en perigo de extinción, pasando pola destrución da capa de ozono, a contaminación das cidades e os ríos, o urbanismo salvaxe da costa, o cambio climático ou os perigos da enerxía nuclear, a realidade que é moi testaruda deu sempre a razón ao movemento ecoloxista.
Os industriais que tan só velan polas súas ganancias, os políticos a quen só importan os votos, e os peores de todos, os técnicos que sabendo o que saben sobre o tema, e sendo as testemuñas máis fidedignas, ocultan información ou descaradamente menten e venden a saúde pública por un miserable posto de traballo.
E.P.J.

Ningún comentario: