xoves, 24 de marzo de 2011

OS ESPAÑOIS CREN QUE A XUSTIZA FAVORECE AOS RICOS

O paro é a principal preocupación para o 83,9% dos españois, a cifra máis alta en dez anos, segundo o barómetro do CIS

Un 48,3% dos cidadáns cren que as leis favorecen aos ricos e, en segundo lugar cun 26%, aos políticos. Ese un dos datos máis rechamantes do barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de febreiro. Outro dato: un 82,6% opina que as leis favorecen máis a uns que a outros fronte a só un 14,3% que pensa que non é así.
A adminsitración de Xustiza ten un especial protagonismo na enquisa deste mes. A enquisa indica que, desta gran maioría que se inclina pola desigualdade ante as leis, un 48,6 pensa que estas favorecen aos ricos, seguidos polos políticos cun 26 por cento, os poderosos (un 13,3) e os inmigrantes (12,7).
Ademais, o funcionamento da Xustiza en España é malo para o 36,7% dos enquisados porcentaxe ao que hai que engadir un 28,7 por cento que opina que só é "regular". A maioría considera que nos últimos tres ou catro anos as cousas non melloraron: un 51,8% pensa que as cousas seguen igual, mentres que un 24% cre que foron a peor.
A enquisa, como xa é habitual, tamén se interesou polas preocupacións dos españois. Sobresae unha por encima de todas: o paro volveu a subir e é citado como principal problema polo 83,9% dos enquisados, a cifra máis alta da última década.
Tras o desemprego, o 51,6% dos cidadáns cita como principal preocupación os problemas de índole económico, seguidos moi de lonxe pola clase política e os partidos (17,8%, case tres puntos menos que fai un mes).
Para o 79,2% dos enquisados, a situación económica en España é "mala ou moi mala", fronte ao 80,6% que manifestaba esta opinión no anterior barómetro; e só un 20% cre que será mellor dentro dun ano, porcentaxe que se mantén estable.
Valoración das institucións
Hai outro dato que chama moito a atención: trinta anos despois do intento de golpe de estado do 23-F, a Garda Civil é a institución que máis confianza inspira aos cidadáns.
A enquisa analiza a percepción que teñen os españois dunha serie de organismos e só a Garda Civil, cun 6,32, e a Policía, cun 6,15, superan o aprobado no nivel de confianza. Seguen o Defensor do pobo (4,9), o Tribunal Constitucional (4,71), os tribunais de xustiza (4,64) e o Consello Xeral do Poder Xudicial (4,54).
O Parlamento, cun 3,96, e o Goberno central, cun 3,36, pechan a lista neste ranking de confianza.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

No es que la justicia beneficie a los ricos, son los ricos los que hacen la justicia.

Porque la justicia es para quien la paga o puede pagarla, y los pobres quedan excluidos por falta de medios económicos para pleitear.

Además no hay justicia nada más que entre iguales.

En las españas la justicia forma una verdadera casta endogámica, y encima la ciudadanía queda excluida para decidir quien tiene que impartir justicia y de que forma.

No participamos en la elección de ningún alto tribunal, ni en su composición ni sus funciones ni nada que le parezca.

Solo últimamente se ha tratado de implantar el jurado popular.

Y visto lo visto no ha servido para mucho.

Claudio Ataturk dixo...

El problñema de la justicia se encastra en el general del sistema, y es que no existe una verdadera separación de poderes y todo depende del gobierno, o sea del poder ejecutivo.
La partitocracia española, que no la democracia, consiste en que se sustituye la soberanía nacional del pueblo por una representación en el legislativo con listas cerradas e impuestas por los máximos dirigentes de los partidos mayoritarios, PP y PSOE , que montan el paripé de hacernos creer que elegimos a nuestros representantes y no es cierto pues son ellos los que colocan a sus militantes o amigos, garantizandose su fidelidad y voto posterior.
El poder judicial es elegido en un consenso igual y esta condicionado por quien lo colocó en el cargo.
Sigamonos engañando pero los que nos paramos a pensar y ver la realidad no caemos en estos engaños.
Yo por eso no deseo votar hasta que una democracia republicana sea el sistema político en España; lo demas pura comedia para beneficio de unos pocos.
Saludos.
Ataturk.