martes, 12 de abril de 2011

AS NOSAS CAIXAS

Durante moitos anos houbo unha irresponsabilidade manifesta, mais silenciada a nivel mediático, dos máis altos xestores de Caixa Galicia e Caixa Nova. Estes señores manexaron ao seu antollo os aforros de miles de galegos, como se fosen da súa propiedade, para investilos fóra da Galicia en negocios ruinosos. Asignáronse a si mesmos soldos esaxerados, como se fosen grandes banqueiros de entidades cotizantes en Wall Street. Crearon centros culturais e fixeron obras sociais, si, mais tamén contribuíron a desenvolver negocios especultivos e pouco respectosos co medio ambiente, máis propios da banca máis avarenta, mantendo e apoiando celulosa e planta de gas perto de cidades e canteiras de lousa no Courel.
Alguén lles pasará conta da súa nefasta xestión económica cando a autodenominada Novacaixagalicia deixe de ser caixa e galega e os aforros depositados por miles de galegos pasen a ser gobernados desde unha sede foránea. Na lonxana Islandia andan cos banqueiros e altos executivos responsábeis da súa desfeita financeira nos tribunais, e o parlamento promulgou unha lei de control para que no futuro non volva ocorrer o mesmo.
Unha vez máis, por mor das actuacións suicidas da nosa burguesía, que semella que non lle doe o país e o benestar dos seus habitantes, contribúese ao noso histórico expolio. O pouco que tíñamos acaba sempre noutras mans, Pasou con Fenosa, La Toja, R... Galicia segue en proceso de quedar reducida a unha mínima expresión económica e a un futuro poboacional incerto, abocada a unha continua e cada vez máis acelerada hemorraxia migratoria. E as nosas maiores riquezas en mans foráneas beneficiando só ao gran capital madrileño e internacional.
Da mesma maneira que Libia conta co ouro negro do seu petróleo, nós temos outro ouro na electricidade das nosas numerosas centrais hidroeléctricas e eólicas, enclavadas nos nosos ríos e montes, propiedade do pobo galego e non das empresas eléctricas alleas que os explotan, que xa recuperaron o coste das instalacións Se a isto lle sumamos a nosa principal autoestrada, tamén xa amortizada e producindo lucrativos beneficios, agora en mans dun fondo de investimento norteamericano, xunto coa maioría do noso aforro, emigrando no pasado e agora controlado por institucións alleas, debúxase un panorama colonial e desolador.
Compriría que todos os galegos e galegas fosen conscientes de que esta situación nos prexudica e de que se a nosa electricidade, a autoestrada e o noso aforro fosen públicos e autonómicos, se fosen nacionalizados, viviríamos mellor, porque os elevadísimos beneficios que orixinan poderían ser empregados no desenvolvemento e en mellorar o noso deficiente Estado de benestar.
Non se ve nin racionalidade nin credibilidade no feito de que os mesmos xestores que levaron a esta situación ás caixas temen por ficar nos postos e outros por non se xubilarse. Non se merecen apoio político nin cidadán. Calquera islandés quedaría abraiado perante este escenario. Menos mal que parece que aínda queda para os nosos aforros a cooperativa de crédito ben xestionada e en crecemento que é Caixa Rural Galega. Para volvermos comezar a soñar de novo. Ata cando?.

3 comentarios:

DEMOCRACIA dixo...

Es indignante que la banca, con la situacion que vive España de casi 5 millones de parados, tenga unos beneficios de esas caracteristicas.
La banca ha sido responsable de la burbuja inmobiliaria a traves de los creditos desproporcionados concedidos a las grandes empresas del ladrillo, la banca es la responsable de condonar deudas a los partidos politicos del sistema para que estos luego les devulven los “favores”, la banca es responsable de su propia situacion caotica por especular con el dinero de los españoles y jugar con sus ahorros, la banca es la responsable, por su pesima gestion, de establecer ese “cordon sanitario” a las PYMES y autonomos que sufren para poder mantener sus empresas y a sus trabajadores.
El problema parte de que la banca no tiene mas interes que el del beneficio propio y la expoliacion del que se encuentra en apuros.
Y mientras tanto el sistema inyectando millones de euros a esas entidades que no existirian si el ciudadano de a pie no depositara su dinero ahi. Mientras tanto, las entidades cobrando comisiones de diversa indole a los españoles por cualquier cosa, no aceptando la dacion en pago de la vivienda cuando la hipoteca no puede ser pagada (porque la ley lo permite favoreciendo y protegiendo a la banca) y solicitando intereses abusivos y usureros… ¡¡¡Como si el valor actual de la vivienda fuera el mismo que cuando ese ciudadano adquirio esta!!! ¡¡¡Eso se llama usura pura y dura!!!
Es evidente que no hay otra salida que la nacionalizacion bancaria y que las cajas de ahorro tengan estrictamente una funcion social, las cuales no han hecho mas que funcionar como los bancos y ser la trinchera de los politicos de turno en sus consejos.

Anónimo dixo...

La información poco a poco, la que importa, se va filtrando a los medios sin nada ni nade que lo pueda evitar. Las Cajas de Ahorro, en un mercando interbancario inoperante, seco y desconfiado de sus pares, —lo que es el colmo de los males para unas instituciones cuyo principal activo es la confianza que inspiran—, sin posibilidad alguna de aliviar sus exhaustas arcas, no tiene otra opción, para subsistir, que pedir prestado a los impositores y cerrar el grifo del crédito, activar el famoso credit crunch, a saber, estrangular la economía no dando crédito. Y no lo dan porque no hay con qué ni de dónde.

UN GALEGO dixo...

Se as caixas queren convencer aos investidores privados, deben achegar algo máis de luz para demostrar que son "entidades viables", incrementar en maior medida o saneamento realizado, mellorar a profesionalidade da súa xestión renovando os seus cadros directivos e reducir a presenza política nos consellos de administración dos novos bancos creados. En definitiva, achegar as súas estruturas de goberno corporativo cara á das empresas cotizadas. E por suposto incrementar moito máis a transparencia informativa, xa que o striptease ata agora realizado, ademais de non ser integral, arroxou algunhas inconsistencias. Polo menos confío que coa entrada do FROB nalgunhas caixas (quizais de forma combinada con capital privado), a renovación que vai supor nos seus administradores e xestores dea os seus froitos para minimizar o custo aos contribuíntes.
O que é pouco cuestionable é que, no fondo, as caixas (aínda que non todas) sufriron unha falta de dilixencia na súa xestión. E ata que este e outros problemas non se resolvan (como a lenta e pesada dixestión do ladrillo, o elevado volume de activos potencialmente problemáticos, a insuficiencia do saneamento realizado, a eliminación do exceso de capacidade instalada, etc.), as caixas non poderán desempeñar a función que debe cumprir toda entidade bancaria: financiar a actividade produtiva, tan importante nunha economía como a española moi dependente do financiamento bancario. E cos datos que achegan as estatísticas do Banco de España, mentres que os bancos xa abriron a billa do crédito (cun crecemento do 6,6% en taxa interanual de xaneiro de 2010 a xaneiro de 2011), nas caixas a billa segue ben pechado (cunha taxa negativa do 5%).