domingo, 10 de abril de 2011

A ENERXÍA EÓLICA FOI A PRIMEIRA FONTE ELÉCTRICA EN MARZO

Segundo datos de Rede Eléctrica de España, os parques eólicos marcaron este mes unha marca mensual, supondo o 21% da demanda eléctrica.
A enerxía eólica cubriu en marzo o 21% da demanda eléctrica en España e foi, por primeira vez, a principal fonte de electricidade por diante da nuclear, que abasteceu o 19% do consumo eléctrico, a hidráulica e os ciclos combinados. Segundo os datos de Rede Eléctrica de España, os parques eólicos marcaron este mes unha marca mensual, cunha xeración de 4.738 GWh e superaron á hidráulica, consolidándose como a primeira fonte renovable. En España hai 20.676 MW eólicos instalados.
Desde a Asociación Empresarial Eólica (AEE) sinalaron ademais que, grazas á eólica, este mes se han evitados pagos no estranxeiro por uns 250 millóns de euros, como consecuencia das menores importacións de combustibles fósiles e da redución de emisións de CO2. En total, a eólica evitou a emisión de 1,7 millóns de toneladas de CO2 en marzo, o equivalente a plantar 850.000 árbores.
Para o presidente da AAE, José Donoso, o dato de marzo demostra que a eólica "é unha realidade capaz de abastecer xa a trece millóns de fogares españois". En total, as enerxías renovables cubriron o 42,2% da demanda de electricidade en marzo, por baixo do 48,5% de 2010, debido a que a produción hidráulica do ano pasado foi moito máis elevada. Con este peso das renovables, o 57,9% da electricidade que se xerou foi con tecnoloxías que non emiten CO2.
Os parques eólicos foron a primeira fonte nun mes que se pechou cun incremento da demanda eléctrica do 0,1%, ata situarse en 22.799 GWh. A demanda bruta -que non ten en conta os efectos derivados dos días laborais e a temperatura- aumentou un 0,2%. Nos tres primeiros meses do ano a demanda acumulou un incremento do 1,1%, ata os 67.774 GWh, mentres que o consumo eléctrico bruto diminuíu un 0,5%. E, neste primeiro trimestre, as enerxías renovables cubriron un 40,5% da demanda.
O Ministerio de Industria detallou esta semana que en 2010 as enerxías "limpas" foron a principal fonte de xeración eléctrica en España e que achegaron o 13,2% da enerxía final, case un punto por encima do 12,3% de 2009.

1 comentario:

Anónimo dixo...

El aprovechamiento eléctrico de la enrgía solar y eólica está bien, lo que no está tan bien es el nivel de subvenciones que recibieron en pasados años y que impidió el desarrollo de otro tipo de energías sostenibles como la geotérmica, los biodiésel a partir de elementos de desecho, el diseño racional en la construcción o aplicación de edificios, los sistemas más eficientes con bajo consumo, los sistemas de aprovechamiento directo sin pasar por la conversión en electricidad, los movimientos marinos, nuevos materiales aislantes, etc. etc.

En España podríamos liderar todo eso pues tenemos condiciones y capacidad, pero despues de los recortes en investigación, educación, etc. en lo único que seremos líderes es en calentarnos las manos tocando la zambomba.