luns, 18 de abril de 2011

(NOVACAIXAGALICIA) PARECE QUE TODO ENCAIXA

O que se sabemos é que a manga ancha levou a estas entidades ao bordo do precipicio e tamén o que custou a uns e o que gañaron outros: os vinte e dous conselleiros da recentemente nacida NOVACAIXAGALICIA cobraron 8,6 millóns de euros, en retribucións durante o pasado ano. Ademais, algúns recibiron préstamos persoais ou para as súas empresas. Hai un, que puntería, que recibiu ata 16 créditos e avais por máis de 50 millóns. Sumar a esa bagatela 2,77 millóns por obrigacións, por pensións ou pago de seguros de vida. Xa postos engadan medio millón en dietas por asistencia ás reunións. Xa postos, súmenlle millón e medio por representar á caixa en distintas sociedades ou entidades nas que a entidade tiña presenza significativa. Vale? ¡Xa está ben!, non?.
Non. Outras retribucións cobradas polos directivos (por exemplo, por asistir a reunións da obra social, levaron en cru outro medio millón de euritos... aos que teñen que unir a asistencia ás reunións consecuencia da fusión, que, ¿ou vostede que pensaba,? cada unha levaba dieta incluída.
Parece que todo encaixa, non?
E é sabido onde está parte do diñeiro, tamén coñecemos que hai tres concellos coruñeses que deben 150 millóns e que a caixa galega prestou 75 millóns a outras cidades situadas tras o "pano de grelos". Tamén están, entre os debedores os partidos políticos galegos, tamén a nosa Deputación Provincial de A Coruña, cuxo presidente é á vez (como outros moitos políticos) conselleiro da entidade -cobrando, claro, nun e outro sitio- e, xa para pechar o círculo, decatámonos que hai 29 destes egrexios conselleiros que pasan da idade regulamentaria como o presidente e varios vicepresidentes.
¡Eses octoxenarios si que son mozos de ouro!
Sabemos quen gañou, quen debe, quen segue engordando a súa nómina.
Quen perdeu?
Nós, os cidadáns. Impositores, clientes ou non, das caixas que van pechar o círculo: menos oficinas, despedimentos, contención dos créditos e creación de "bancos malos". E se sae mal aí está Mafo que ten a chave de... o noso diñeiro..
¡¡A isto chamase, corrupción!!

1 comentario:

Claudio Ataturk dixo...

¡ CORRUPCION ! Pura y dura; no merece la pena seguír detallando lo que han hecho y lo que siguen haciendo, eso sí aprovechandose personalmente a tope. Y los medios sin decir nada, claro.
Pero a la empresas y a los autónomos nada de crédito, aunque tengan bienes y propiedades más que suficientes, no vaya a ser que les falte efectivo para ellos.
A la calle sin más tanta cara.
Saludos.
Ataturk.