domingo, 24 de abril de 2011

QUEBRA MORAL DA ECONÓMIA DE MERCADO

Se a política non recobra a súa autonomía fronte aos mercados financeiros e a sociedade non é capaz de manifestar a súa indignación, non haberá límites á especulación, a volatilidade financeira e a desigualdade.
Un. Os argumentos económicos son insuficientes para comprender as causas profundas do desastre que estamos vivindo. Non só houbo "fallos" da regulación financeira e "erros" de política, como din os economistas. Hai algo máis intrigante: unha quebra moral do novo capitalismo que emerxeu nos anos oitenta do século pasado.
Se non se toma en consideración esa quebra moral é imposible comprender a crise financeira de 2008. E, o que é máis importante, tampouco ven algúns das desfeitas que deixa: a deslegitimación social da economía de mercado; unha deslegitimación que abarca ás políticas que están facendo os Gobernos.
É descorazonador ver como se utiliza o argumento do too big to fail [demasiado grande para caer] co fin de xustificar o rescate público dos bancos e o mantemento do emprego e soldo aos banqueiros, facendo pagar ao resto a factura cos seus impostos e recortes de gastos sociais. Ese "medicamento", ademais de culpabilizar ás vítimas, aumentará a desigualdade.
O risco é, entón, o desprestixio da política democrática e a aparición de problemas serios de gobernabilidade das nosas sociedades.
Dous. Para comprender as raíces desa quebra moral, é necesario cruzar as fronteiras da análise económica e penetrarse noutras disciplinas que captan mellor os fundamentos éticos da economía, baseados en valores como a confianza, a equidad, a xustiza ou a boa fe nas relacións económicas; e as consecuencias negativas da desigualdade, a fraude, o espolio ou a corrupción.
Esa convicción levoume a coordinar un ensaio colectivo que no seu propio título expresa esa necesidade: A crise de 2008. Da economía á política e máis aló, editado na colección Mediterráneo Económico de Fundación Cajamar. Xunto á opinión de economistas, inclúe a de filósofos, sociólogos, historiadores, xornalistas, ensaístas e novelistas. Aínda que as súas miradas son diferentes, a polifonía de voces non desentona. Ao contrario, ofrece unha visión máis comprensiva, na que as voces dos economistas ven complementadas pola doutros pensadores e científicos sociais.
Tres. Os economistas ofrecen catro tipos de explicacións... máis...
Pero se a política non recobra a súa autonomía fronte aos mercados financeiros, e a sociedade non é capaz de manifestar a súa indignación ante estas condutas, non haberá límites eficaces á economía especulativa, á volatilidade financeira e á desigualdade.
De ser así, o maior risco da próxima década será a crecente ingobernabilidade das nosas sociedades democráticas. Algúns sinais apuntan xa nesa dirección.

1 comentario:

DOREMA dixo...

"Una salida estable y duradera a la crisis requiere una refundación moral del capitalismo. No creo que necesitemos otro capitalismo, pero sí necesitamos salvar al capitalismo de estos capitalistas. El problema es que la política ha perdido autonomía y capacidad para hacerlo. Causa desazón ver la confesión de impotencia de David Cameron en el Parlamento británico al señalar que su Gobierno no puede hacer nada para frenar esas conductas."
Es decir, se propone cambiar a los dueños del capital por otros, más "morales", es decir, se propone aceptar la Socialdemocracia cuando ésta es la que nos ha llevado a la situación actual y la que ha fracasado estrepitosamente a la hora de defender el Socialismo... y a los hechos me remito.
No se hace una crítica reflexión de por qué la política ha perdido autonomía (tal y como reconoce) frente a los mercados. Y es que no, no necesitamos refundar el capitalismo, necesitamos acabar con él y construir una nueva sociedad basada en otros valores ajenos a éste. Recuperar el Socialismo de verdad, Anticapitalista, perfeccionando el pluralismo y las ideologías que en su día lo defendieron, acabar con el libre mercado y construir la economía en base al trabajo de TODOS.
Llamenle Socialismo del Siglo XXI, Anarco-Comunismo, me da igual. El Capitalismo es una bestia incontrolable que lo corrompe todo, da igual quién sea el dueño porque lo que falla es el propio sistema.