xoves, 12 de maio de 2011

CORINA PORRO DEIXA EN SUSPENSO A CONCESIÓN DE MASSÓ

O acordo adoptouse no penúltimo consello de administración do Porto e supón que o tempo non corre, polo que non hai que solicitar outra prórroga

O consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo decidiu deixar en suspensión a concesión administrativa da empresa Residencial Mariña Atlántica para a construción dun porto deportivo na zona de Salgueirón, en Massó.
O acordo foi adoptado no penúltimo consello de administración celebrado o pasado mes de abril, aínda que non se soubo ata onte, e realizouse por mor dunha solicitude presentada pola empresa e tras estudar os informes técnicos previos e preceptivos que aconsellaban esa medida.
O argumento que máis axudou ao consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo a adoptar esta decisión foi o esgrimido pola concesionaria de que as obras non puideran iniciarse ante as protestas veciñais. Que a concesión estea en suspensión significa que non corre o prazo de prórroga concedido pola Autoridade Portuaria de Vigo por 16 meses na reunión do consello do día 22 de decembro de 2009. A concesión finalizaba no mes de abril, pero desde a Autoridade Portuaria sempre se dixo que sería en maio cando se adoptaría un acordo sobre unha posible prórroga. Así que nesta situación de suspensión o tempo non corre.
Cabe destacar que o acordo do consello de administración produciuse aínda baixo a presidencia de Corina Porro, antes de que o día 6 abandone o seu cargo para exercer de candidata á alcaldía de Vigo polo Partido Popular, algo que onte mesmo se encargaba de reprochar a propia alcaldesa de Cangas, Clara Millán. Non hai que esquecer que a rexedora, a través dun acordo plenario, pedira á Autoridade Portuaria de Vigo que rescatase a concesión de Mariña Atlántica. Non entende como se adopta un acordo desta clase e, con todo, non se responde a esa petición, realizada fai xusto un ano. Tampouco foi comunicado ao Concello de Cangas o acordo adoptado polo penúltimo consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo. Á alcaldesa sorprendeulle excesivamente o acordo e como se produce. Unha vez máis, o conflito Massó forma parte do escenario político dunhas eleccións. Se xa había certo receo porque as declaracións dos imputados pola paralización das obras ían copar a primeira semana da campaña electoral, agora aínda máis. Son moitos os que non queren este asunto monopolice a campaña electoral.

1 comentario:

Ataturk dixo...

El señor de Miraflores, el amigo o patrono de Lola Vilariño, va consiguiendo lo que desea. Ahora tiempo hasta el día 22 para ver como queda el Concello de Cangas y a quien tiene que influír. Que la Autoridad Portuaria de Vigo iba a buscar soluciones favorables era cantado, pero no cuentan con algo importante; ahí están Sangabriel y Abalo, con otros, que no van a dejarnos abandonados. No sé si Abalo saldrá concejal pero sea lo que sea Cangas tiene un buen, muy buen, valedor.Animo amigo.
Saludos.
Ataturk.