venres, 13 de maio de 2011

LISTAS ELECTORAIS CON IMPUTADOS

Imaxinemos que un cidadán vai solicitar unha praza de traballo nunha empresa privada. Se no seu currículo figura que dito cidadán está imputado nun procedemento xudicial por un delito cometido durante a súa actividade profesional anterior, parece razoable que o aspirante ao posto quede automaticamente eliminado.
Como pode entenderse entón, que unha persoa que estea imputada teña acceso ao privilexio de ser elixida para un cargo público? A máxima de que unha persoa é inocente ata que non se demostre o contrario é intocable para o común dos cidadáns, pero quizais non tanto para os candidatos a cargos públicos, onde calquera sospeita razoable de participación nun delito, na medida que sexa, debería ser suficiente para a súa invalidación como candidato. Pode ser que un imputado sexa finalmente absolto do delito en que se lle implica, pero un cargo público non só debe ser honrado, senón parecelo. Non hai que esquecer que a imputación nun procedemento xudicial dítaa un xuíz que conta cos argumentos ou sospeitas suficientes para facelo.
E, ademais, na maioría dos sumarios a imputación dos candidatos españois está relacionada con sospeitas de enriquecemento indebido durante o exercicio do seu mandato. É de tolos. Se a Lei Electoral permite esta barbaridade, e se os propios partidos políticos non o prohiben dentro das súas normas internas, só queda que os cidadáns teñamos sentido común. Pero me temo que vai ser que non. P.D.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

LO QUE ES LAMENTABLE ES QUE HAYA PERSONAS QUE APOYEN Y VOTEN A LISTAS DE IMPUTADOS, ES LAMENTABLE QUE ALGUIEN ESCRIBA QUE LA PRESUNCION DE INOCENCIA Y QUE SI UN OJO VIZCO..! PERO QUE TONTERIAS SON ESTAS QUE DEMAGOGIA.. SEÑOR CUANDO A ESE SEÑOR... LO JUZGEN Y SALGA INOCENTE SE PUEDE PRESENTARSE PERO MIENTRAS ESTE IMPUTADO PARA QUE SALGA ELEGIDO Y LUEGO SI ES EL CASO Y LO CONDENEN TENGA QUE ABANDONAR EL CARGO! ESO NO ES ENGAÑAR AL PUEBLO! ES LAMENTABLE QUE LA GENTE DEFIENDA ESO.. IMPERDONABLE DIRIA YO!

Ataturk dixo...

No nos engañemos. Las listas con imputados o sospechosos de casos de corrupción han sido elaboradas por los dirigentes de los partidos para proteger a sus colaboradores, y así indirectamente ellos que saben todo lo que pasa para financiarse, los grupos y los individuos.Así de simple.
Luego viene la ley electoral, los medios de comunicación, que tambien estan implicados con subvenciones y ayudas, y al final unos pocos deciden por todos.
Podeis ír a votar el día 22 pero sed conscientes de que votais lo que esos partidos, que impiden la democracia real, os ponen ya prefabricado.
Mesan por nos e decimos que chove.
Porca miseria amigos.
Saludos.
Ataturk.