mércores, 29 de xuño de 2011

INDIGNADOS

Dixéronlles de todo usando un desproporcionado, polo inxusto, afán xeneralizador que rexeitan para si mesmos.
¿Non reclaman os políticos, cando se di que todos meten a man, que non xeneralicemos? ¿Non se desmarcan os xornalistas dos comportamentos pouco éticos de moitos tertulianos, "opinadores" e algúns chamados politólogos, que viven do insulto, a manipulación, a tergiversación? ¿Non se irritan os médicos, avogados, funcionarios e tantos e tantos colectivos, para que non se xulgue con prexuízos a todo o grupo do que forman parte?
Resulta que os incidentes de Cataluña -por certo menores que as noites de vitoria do Barça- e a bronca de Valencia serviron para demonizar ao colectivo de indignados mentres un grupo de indignos (aos que se lles investiga -imputa- por roubar, mentir, enganar ¡fose xa pseudónimos!), cruz en man, prometen ou xuran repetir as súas fechorías.
¿Non é máis indignante que dentro do hemiciclo acampen só a metade dos que cobran por estar alí, mentres se enchen as acampadas dos que non cobran por falta de curro?
E logo veñen os tópicos: ensucian as rúas, dificultan a circulación etc. 
E ¿que pasa coa festa do Rocío, as procesións, os rallys, as paradas militares ou as aglomeracións dun Madrid-Barça?
Aí tamén se interrompe o tráfico, córtase a rúa, se coarta a liberdade persoal de cruzar ou cambiar de beirarrúa.
¿Non lle indigna a vostede que a primeira gran medida dun alcalde popular  (é a súa primeira medida pois nunca chegou a ese posto en trinta anos de democracia) sexa privatizar algúns servizos sociais? e que dona Xunta, coa colaboración do Igape paga (á patronal galega) 18 millóns de euros para privatizar as súas oficinas no estranxeiro?
¿Parécelle indignante o soldo dos nosos representantes? ¿A súa produtividade? ¿As súas vantaxes -aforamento- ante a Lei?
Somos moitos os indignados e non todos durmimos nas prazas senón en vela ás veces e soñando que o movemento do 15-M convértese nunha plataforma política -sumándose a todas as forzas progresistas- que faga espertar do seu cómodo letargo aos políticos, que son o que se aproveitan a pé, en coche ou a remo, da democracia.
E moitos deles falan da democracia coma se coñecésena de algo, que pouca vergoña teñen, ou ningunha.

1 comentario:

FALTA DE DEMOCRACIA dixo...

Es un estupendo comienzo de lo que debe de ser un movimiento al margen de los corruptos partidos políticos que hoy se alternan en el poder salvaguardando sus intereses de clase (política) y olvidándose de los intereses de la gente de las clases medias y trabajadoras.
No dejándose llevar al mismo tiempo por los manipuladores fascistas que con el supuesto que ellos son apolíticos defienden los intereses de los grandes capitalistas desde la sombra.
La juventuz de españa es capaz de llevar adelante la regeneración política que los corruptos de todo signo no quieren llevar adelante.
Nace un dia para la esperanza en esta falsa democracia que padecemos,que nos fué escamoteada en la tan cacareada transición por un puñado de traidores a las clases obreras y medias .
¡¡FALTA DE DEMOCRACIA!!