martes, 28 de xuño de 2011

O EMPREGO COMO OBXETIVO

Hai neste intre en Galiza uns 240.000 desempregados, rente dun 20% da poboación activa, dos que un 40% non teñen ningunha prestación económica pública. Unha cifra preocupante, que empurra a milleiros de mozos e mozas á emigración, e a moitos máis á dependencia familiar ou á marxinalidade. Asemade, a rebaixa dos servizos e prestacións sociais públicos e o retallo dos salarios reduce o consumo e, polo tanto, o emprego, unha tendencia que o aumento das exportacións non ten capacidade para mudar. 
Neste intre semella que o máis importante para o Goberno, porén tamén para os partidos da dereita, é pagar as débedas exteriores públicas e privadas, mantendo e ampliando os lucros empresariais. A única saída progresista para equilibrar as contas públicas é recuperar o imposto ao patrimonio, aumentar a presión fiscal ás SICAV e aos gaños empresariais, dar pulo á progresividade no IRPF, e perseguir o fraude fiscal. Os altos salarios e grandes fortunas teñen que pagar máis impostos. 
Non pode ser que, mentres as clases populares pasan momentos tan difíciles, os máis ricos aumenten seus ingresos desmesuradamente. Estamos diante dunha verdadeira loita de clases. As marchas de desempregados en Galicia a partir do 29 de xuño están organizadas pola CIG e poñen o acento nestes temas. Estas últimas están nas mans do Goberno central e tamén da Xunta. Ollando para a reforma da negociación colectiva, todo amosa que farán falla (como mínimo) estas e outras mobilizacións. Son necesarias.

Ningún comentario: