venres, 3 de xuño de 2011

A VOLTAS COA CORRUPCIÓN

Foucauld no seu libro Vixiar e Castigar describe as execucións públicas espectáculo, que co paso do tempo terminarían nos patios carcelarios. En ocasións o reo se congraciaba co público espertando a súa simpatía e o pobo se arremolinaba ata conseguir o indulto forzado para evitar males maiores. Pero a pena de morte non cambiou o escenario polo cambio da sensibilidade moral, por progreso moral, senón por salvagardar a seguridade e a orde.
Aquí o "reo" é o político, presuntamente corrupto, especialista en mil dilacións xudiciais e en seducir ao pobo como un encantador de serpes. Esta estirpe de políticos renunciou á ética porque non cotiza electoralmente. Cando unha persoa fai un acto con consecuencias morais está invitando aos outros, non con palabras senón con feitos, a que fagan o mesmo, e cando un político comete actos corruptos está invitando á corrupción xeneralizada, por máis que se intente maquillar e desfigurar os feitos falan por si sos.
O efecto multiplicador da corrupción do político que propón a corrupción como un feito social fai que o grao de perversión moral sexa maior, están subordinando a ética á política e sitúanse no punto exacto de Maquiavelo.
Os últimos anos leváronnos a un grao crecente de envilecimento moral quizais imparable. Buscamos desesperadamente políticos honrados que ademais de parecelo o sexan de feito; os partidos deberían arbitrar mecanismos eficaces e expeditivos para excluír das súas filas aos chourizos e lerchos de groso calibre, e se algún se coa, que o manden a casa, que non teñamos que esperar os mil e un xuízos.

Ningún comentario: