xoves, 7 de xullo de 2011

O CU

Ás veces penso que Europa non é un país, nación ou estado, senón un enxendro hermafrodita. Un corpo con cabeza escandinava, pichulo francés e parrala alemá. Pero ¿onde está situado o cu (el culo) europeo? Non contestarei. Dentro dos meus descreencias, aínda gardo un pouco de orgullo patrio -propio ou alleo- e non ferirei sensibilidades, propias ou alleas. Pero, pregúntome: ¿como vive un corpo así, vítima dunha vida concupiscente e autopromiscua, coas vísceras envelenadas pola droga máis dura: billetes de 500 euros, e pagarés de xogo que chaman "débeda pública", usados como antibióticos antivenéreos por "farmacéuticos" que queren que ese corpo non morra, pero sexa un enfermo crónico? Creo que non moi ben.
Probablemente non haxa médico que se faga cargo da súa curación, e o seu futuro sexa caer en mans de forenses e anatomopatólogos. Aínda que, quizá haxa aínda unha posibilidade cirúrxica: capar polo san e sangrar ao paciente. Talvez quedase o sexo equivocado; pero aínda así, pode vivir de acordo co seu corpo.
Non se que dicirme. Penso que son desbarros propios dunha incipiente tolemia (ou quizá máis). Pero, ¿se estivese acertado, que...? Din que hai persoas que non pensan coa cabeza, senón co cu (¡ai, reverendo Don Francisco de Quevedo!), e é posible que eu sexa un deles. Pero, ás veces, quizá sería mellor lear a cabeza cunha manta, e deixar ao cu -esa marabilla natural- tomar a iniciativa. ¿Os gregos saberano? - J.L.Patiño.

Ningún comentario: