mércores, 6 de xullo de 2011

DEPUTADOS PRIVILEXIADOS

Acabáronse os privilexios. Bono acaba co dereito á pensión máxima dos deputados. Elimina os "finiquitos" e as axudas para viúvas e fillos. A cifra é curiosa: 11 anos de parlamentario daban dereito ao cobro da pensión máxima establecida pola Seguridade Social. Estas reformas están facendo tremer a máis dun deputado -ou deputada- pola Coruña, xentes que están facendo equilibrios no arame para non perder a citada "mamandurria". 
Pero vaiamos aos detalles. Xa se afirma que as Cortes Xerais pechan a billa, e deputados e senadores -ollo, senadores tamén- terán que cotizar os mesmos anos que o común dos mortais para ter dereito á xubilación. Dito en román paladino: xa non basta con ocupar un escano 11 anos, nin haberá liquidación, salvo para aqueles que non teñan traballo remunerado. Quérese facer do Parlamento español un dos máis transparentes de Europa.
Así pois, queda claro que, por fin, elimínase o chamado complemento de pensión e tamén o pago da Seguridade Social a conta do erario público para que o ex parlamentario puidese completar o período de cotización necesario para ter dereito a pensión. Pero se vai máis lonxe: suprimiranse as axudas por falecemento do parlamentario a favor do seu cónxuxe e os seus fillos menores de 25 anos. Bono quere ir máis lonxe. Vai restrinxir ao mínimo as posibilidades de compatibilizar o escano con actividades profesionais. Para que todos aclarémonos: que a dedicación ao Parlamento sexa exclusiva, como establece a Lei Electoral.
Trátase, ademais, de abrir o Rexistro de Intereses da Cámara para permitir que se coñezan tanto as actividades dos parlamentarios como a súa declaración de bens e renda. O contido do Rexistro de Intereses terá carácter público co fin de que as actividades, rendas e bens das súas Señorías sexan coñecidas. Seguindo o consello de Bono. Os grupos parlamentarios xa asinaron unha proposición de Lei conxunta para modificar un inciso desa norma que permitirá abrir o rexistro.
Á volta do verán as páxinas web de ambas as Cámaras conterán xa as declaracións de bens e rendas dos parlamentarios. O señor Bono botoulle melindres ao asunto e de agora en diante haberá menos sopapos e cambadelas por ser "pai da patria". A algún que eu me sei estalle entrando descomposición de ventre. Pero o cidadán español do montón reclamaba xa estas medidas...

1 comentario:

INGENUO DE MI dixo...

A ver en que queda todo. Tampoco estaría de más que ciertos diputados y senadores se ganaran el sueldo trabajando en representar al ciudadano. Es una idea que lanzo sin mayores pretensiones.

Termino. Lo que más gracia me hace es que estas "extrañas" costumbres, las de arramblar de todo los sitios, fueran lo más normal para muchos parlamentarios. Yo pensaba que tenían un sueldo medio, mayor que el del común de los ciudadanos, por lo "sacrificado" de su trabajo y la gran cantidad de tiempo que le tenían que dedicar. Ingenuo de mi.