mércores, 20 de xullo de 2011

REBAIXAS

Cando as axencias de cualificación de débeda -todas ianquis- aplican con fruición a tesoira á débeda de varios países europeos que todos coñecemos, en Bruxelas reúnense: presidente do parlamento, presidente da zona euro, presidente do BCE, 27 presidentes dos distintos países, e 27 ministros de economía.
Todos eles bendicidos polo "padriño portugués", Joao Durao Barroso (un faro de Alexandría en Europa que, non se como, con todo o que sabe, non está no seu país natal arranxando a súa maltreita economía). Velaquí os defensores do "cacao maravillao" organizado por, non se sabe quen, nin para quen, que teñen algún un interese (o máis alto posible), en que a economía de Europa váiase a tomar polo saco, no saco das súas débedas interestatales. Ninguén se salva, desde quen debe un ovo, a dous ou máis. Mentres, as axencias de cualificación hoxe apertan a un, e outros se espaporretan intestinal e deudoramente falando; mañá a outro e... o mesmo; manda ovos: capitalismo contra capitalismo.
E mentres os mercados (eses que deben ter nomes propios pero ignoramos), ponse as botas, o grupo salvador mencionado aplica euros coma se fosen supositorios contra a colitis debedora, sen arranxar o problema social que padecemos. Pois ben; propoño, coa miña seriedade característica, saldar nas rebaixas a toda esa tropa de lumbreras, a ver se nos dan algo por eles. E se non, que alguén llos leve gratis dunha puta vez...

Ningún comentario: