sábado, 23 de xullo de 2011

VEÑA E DÁLLE

O último barómetro do CIS manifesta a simpatía da maioría dos españois cara ao movemento de indignación 15-M, o crecente desprestixio dos políticos e a sensación de corrupción xeneralizada que se aprecia na vida pública. Estes problemas, xunto á crise económica e ao paro, preocupan aos españois.
A indignación que por fin aflorou no movemento 15-M representa un sentimento xeneralizado de moitos españois que se identifican con todas ou moitas das súas reivindicacións. Pois ben, pese a quen pese, a pesar de que crece o descontento e a indignación en relación coa vida política, veña e dálle, non se produce a reacción que cabería esperar entre os dirixentes. Nesta ocasión, o movemento 15-M constitúe un aviso serio. A palabra indignación, enmarcada nun contexto de inconformismo cívico e de rebeldía pacífica, crece por momentos. Os políticos, segundo o CIS, son os máis corruptos, seguidos polos empresarios, os xuíces, os avogados, os empregados e os policías. En sentido contrario, a calidade que máis se valora polos enquisados nos políticos é a honradez, por encima da eficacia, a preparación e a formación. Neste contexto, tras a crise económica e o paro, os políticos son o terceiro problema máis grave que teñen os españois. E, o 70% dos enquisados ven de bo grado as reclamacións do 15-M. Os datos, pois, son os que cabe esperar. Castígase ás clases medias e baixas polo Goberno. Dilátase a rexeneración que reclama cada vez máis xente...J.R.A.

Ningún comentario: