xoves, 4 de agosto de 2011

PARAISOS FISCAIS

Que a riqueza no mundo esta mal repartida é unha realidade incuestionable e cada vez hai unha maioría de pobres fronte a unha minoría que son moi ricos. Son moitas as causas que levan a estas situacións inxustas e insolidarias e sen ningunha dúbida unha delas é unha falta de fiscalidade xusta e progresiva a nivel internacional e o permitir a proliferación dos paraísos fiscais que son auténticos niños de terrorismo e de narcotráfico, converténdose así en instrumentos para o branqueo de capitais e ao evasión de impostos.
O Fondo Monetario Internacional cifra en 18 millóns de dólares a suma de activos e débedas en paraísos fiscais, aproximadamente unha terceira parte do Produto Interior Bruto mundial. Actualmente recoñécense máis de 70 países en todo o mundo e esta economía global, produto da enxeñería financeira máis insolidaria e daniña, está dirixida por grandes bancos internacionais e grandes empresas, que teñen filiais neses lugares, que acoden a estes ?paraísos? con contas secretas e empresas tapadeira, que fixeron da ocultación e o engano a súa norma e dogma de fe.
A maioría de mortais somos conscientes de que os impostos así evadidos impiden proporcionar os beneficios sociais, económicos e culturais aos que todo cidadán ten dereito. Ademais cando, calquera de nós, coñecemos algún caso de evasión de impostos, debemos pensar que quen evade non só leva o seu diñeiro, senón tamén unha parte do noso...J.M.P

Ningún comentario: