xoves, 29 de setembro de 2011

FUNCIONARIOS

España, a pesar do que nos poida parecer, non é, un dos países con máis funcionarios de Europa. Máis ben atopámonos nunha posición intermedia. O 21% do total dos empregados no noso país traballan no sector público. O problema está na produtividade, na avaliación do desempeño, no traballo por obxectivos. O réxime estatutario dos funcionarios, salvo que camiñe por carreiros de avaliación obxectiva de resultados, perderá o seu carácter vitalicio.
O problema reside en que ata agora o camiño da avaliación fundada en indicadores obxectivos deixa moito que desexar. A reforma administrativa no que se refire ao persoal ao servizo das Administracións públicas foise dilatando no tempo. Faltou vontade política porque se pensaba que o tema non ten repercusión electoral e podería supor "pisar moitos callos" e, por iso, dar lugar a problemas de entendemento con colectivos numerosos de votantes.
Un sistema razoable e obxectivo de avaliación do desempeño non pode ser imposto por decreto. Debe ser o resultado dun proceso de negociación. Neste como noutros temas é posible chegar a acordos cos interlocutores sociais e coa oposición. Para iso é mester convocalos e escoitar os seus puntos de vista. Precisamos reformas no réxime da función pública que van desde mellorar os sistemas de ingreso, afianzar a promoción no mérito e a capacidade e instaurar unha cultura da avaliación que implique un hábito máis do funcionamento do persoal ao servizo da Administración pública...

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

La percepción de la población, mía incluida, no se refiere a funcionarios de base. Se refiere a funcionarios de enchufe; La clase política va creando nuevos puestos en forma de conserjerías, asistentes, etc, que crece desproporcionadamente frente al funcionario que obedece y ejecuta sus decisiones. Vamos, que la estructura piramidal se abre por la cúpula.
Quizás aún así tengamos menos que en Europa, concepto que parece ser la medida de todas las cosas. A lo mejor otro mundo es distinto, y es España la que en este tema puede innovar a mejor.
Respecto a la carga impositiva, me parece estupendo que se aumente, mientras sea al que más tiene. Si no, es palabrería hasta ofensiva. A mí nadie me va a invitar a ponerme la soga al cuello para que otros con más recursos vivan mejor.