venres, 30 de setembro de 2011

TRANSPARENCIA DOS CARGOS PÚBLICOS

Despois de deixar pasar uns días para dixerir a información patrimonial recentemente publicada dos nosos deputados e senadores, pareceume unha nova tomadura de pelo do zapaterismo gobernante.
Defendeuse a medida en base a unha pretendida transparencia dos cargos públicos. Sinceramente non creo que a corrupción política combátase en base a esta medida. E si con outras.
En primeiro lugar porque os deputados non teñen competencia executiva sobre os diñeiros públicos. Son apenas uns postos de representación, sen capacidade por si mesmos, para adxudicar contratos públicos, que é onde nace un bo suborno.
Creo que se vulnerou o dereito á intimidade destas persoas e das súas familias. Estimo ademais que é unha norma de dubidosa constitucionalidade. A murmuración nacional colapsou a páxina web do Parlamento e sacou o peor da sociedade: a envexa.
Mellor nos iría a todos se nos preocupásemos máis de coidar os nosos propios xardíns no canto de fixarnos nos dos demais. Mentres se estivo falando de patrimonios alleos, deixáronse de lado os verdadeiros problemas da nación.
Unha vez máis, os socialistas conseguiron desviar a atención do principal para centralo no secundario. Son uns mestres.
Se de verdade quérese combater a corrupción, as investigacións débense centrar nos alcaldes e concelleiros de Urbanismo, nos presidentes, ministros e conselleiros autonómicos. Nos seus directores xerais.
E, por suposto, nos altos funcionarios adscritos aos correspondentes negociados. Sería máis efectivo potenciar os medios humanos e económicos de xulgados especializados.
Pero non, optouse por darlle protagonismo ao Coto Matamoros que todos levamos dentro. Por certo, permítanme unha maldade ¿A canto ascenderá o patrimonio de Karmele Marchante?
..

1 comentario:

INDIGNADO dixo...

Los Gobiernos central y autonómicos, han visto que no les daba tiempo a destruir todos los documentos e información que les implica en asuntos turbios y han enterrado la ley de transparecia que tanto aportaría a los ciudadanos. Han visto las consecuencias de las publicaciones de Wikileaks, así, cuando se apruebe esta ley dentro de 4 o 5 años, cualquier ciudadano que solicite información se encontrará conque ha sido borrada de discos duros, destruida de papeles y archivadores de la administración y maquillada en los libros de cuentas por nuestros honestos políticos y gobernantes. Contrasta con la rapidez a la hora de aprobar la ley Sinde, o las reformas laborales dictadas por los banqueros y los EEUU.