xoves, 13 de outubro de 2011

AS PREXUBILACIÓNS DE NOVACAIXAGALICIA

O escándalo das prexubilacións de ouro en Novaixagalicia e a alacantina CAM corroborou o belixerantes que son algúns á hora de reclamar competencias e o escurridizos que se volven cando toca asumir responsabilidades. O Banco de España asegura que non ten a cobertura normativa necesaria para impedir este tipo de desmáns, a pesar de haberse producido no seo de dúas entidades receptoras de cuantiosos fondos públicos por cuxo bo uso correspóndelle velar. A Xunta de Galicia tamén pretende lavarse as mans cun pretexto similar, coma se a supervisión das caixas de aforros radicadas no seu territorio non fose con ela, e a Generalitat valenciana escudouse no silencio do que non sabe ou non contesta.
Quizais se poida discutir por extenso sobre quen tiña o mandato legal de evitar que os principais directivos destas entidades financeiras fósen a casa cos petos cheos logo de habelas levado ao bordo da quebra. Pero hai unha cousa na que non cabe polémica e é que o Banco de España e os respectivos gobernos rexionais tiñan a posibilidade e a obrigación de coñecer as condicións de saída dos altos executivos das caixas de aforros baixo a súa custodia. A final de contas, os acordos dos consellos de administración pasan polo Banco de España e neles ou nas súas comisións de control adoitan sentar representantes das comunidades autónomas, precisamente co obxectivo de coñecer o que se coce dentro.
En consecuencia, salvo que mirasen para outro lado, tanto MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ ORDÓÑEZ como ALBERTO NÚÑEZ FEIJOÓ debían estar ao tanto das prexubilacións de ouro. E, sendo así, custa entender por que non moveron un dedo, se non co argumento inapelable do boletín oficial, polo menos con esa capacidade de persuasión que os políticos en pleno exercicio do poder saben despregar cando queren. ¿Houberan rersistido os máximos responsables de Novacaixagalicia unha presión efectiva do Banco de España ou da Xunta contra tan sanguentos excesos? Eu, francamente, creo que non.

3 comentarios:

UN CIUDADANO dixo...

Lo vergonzoso no es que todos los directivos de las cajas cobren/cobraran lo que se está viendo...
Lo vergonzoso es que en los consejos de administración de estas entidades había una variedad de "especimenes" de distinto pelaje, políticos, curas, sindicatos, e incluso hasta impositores.
Y todos ellos han visto a lo largo de los años como se ponían estos "sueldecillos", blindajes, planes de pensiones y otras bagatelas, y ninguno abrió la boca denunciandolo.
Se acusa a los directivos de los bancos (entidades privadas) de ladrones, pero que estos tíos manejaban fondos de entidades sin ánimo de lucro, casi públicas, y ahora o están en quiebra o esquilmadas.
En esta no se salva ninguno de los partidos políticos de ninguna comunidad autónoma, sean del signo que sean.
Y además en las cajas que no estaban en crisis, más de lo mismo...

DEMOCRACIA dixo...

Esto es lo bizarro del mundo financiero.
Mas enrevesado que una jungla tropical donde se negocia y especula con el dinero de la comunidad y si las cosas salen mal reina la impunidad absoluta y hasta el descaro supremo.
Todas las personas de un país tienen que ser jubiladas bajo una misma estructura jurídica. Nunca ninguna jubilación nacida de un contrato colectivo o disposición asamblearia de entes distintos al estado puede ser mayor que el límite impuesto por la seguridad social. Esa jubilación adquirida fuera del sistema oficial solo podrá hacerse efectiva si tienen por lo menos 30 años trabajando en esa empresa que te jubila. No debería ser disfrutada hasta cumplir la edad oficial de jubilación. Y lo más importante. Si la empresa, entidad financiera tiene deudas con sus trabajadores y manejos financieros que deriven en pérdidas patrimoniales no podrán disfrutar de este beneficio de jubilación los directivos bajo cuyo ejercicio se generaron estas pérdidas en esa empresa.
La banca puede ser un mal necesario. Pero cada día queda más claro que tiene que dedicarse a la INTERMEDIACIÓN FINANCIERA. Es decir recibir el dinero de los ahorristas y utilizar este para dar prestamos con suficientes garantías y un interés que permitan pagar a los ahorristas, a los trabajadores de la empresa y generar una ganancia justa. No se les puede permitir crear a su sombra aseguradoras, casas de bolsa o participar como accionistas en cualquier otra empresa distinta al banco. En pocas palabras los bancos son para guardar y gerenciar los ahorros de los depositantes. No son cajas chicas para financiar aventuras mercantiles de sus directivos.

UN GALEGO dixo...

Isto é o que tiñan que descubrir moito antes e pór ante a xustiza a estes miserables que o que están facendo é, baixo a falsa roupaxe de salarios e dietas, furtar fondos das entidades para as que traballan. Cantidades así son desproporcións abismais a calquera contraprestación económica comprensible para un traballador, por moi directivo que sexa, xa que representa a unha entidade sen ánimo de lucro e baixo mandato da Asemblea Xeral. En lugar de tanta bancarización das Caixas, había que detectar este espolio de dirixentes mediocres e ladróns e intervir o mandato das mesmas para a súa xestión efectiva e solvente. Chegan tarde, porque non saben ou porque non quixeron.