sábado, 15 de outubro de 2011

DEVANDITOS E FEITOS

Cada día, ao repasar os xornais, pór a tele ou escoitar a radio, o presidente da Xunta regálanos -"fere (hiere)"-os oídos con opinións que caen como rodas de muíño sobre un persoal cada vez máis farto de comulgar con todo o que lle din. E é que "espetar" que os políticos que malgastan deben ser castigados e deixar campar a cen quilómetros ao señor Baltar e os seus porteiros ou seguir enterrando diñeiro na Cidade da Cultura, é demasiado para o "body". Recórdanos a diferenza entre a cara e a careta segundo conveña a ocasión.
Cando desde a cúpula do PP piden cambiar aos reguladores -Banco de España, Comisión de Valores, etc.- e ao mesmo tempo a señora Cospedal quere suprimir aos censores de contas, valedor do pobo e outros, véselles a careta aínda que a escondan detrás da cara de cada día. Pero é que ademais o goberno de Feijóo rebaixou a licitación de obra pública nun 40% co paro e o empobrecemento das empresas.
¿Recordan cando o noso 009 saíu nos xornais cunha manguerita apagando os incendios "da era do bipartito? Pois agora, que arde Ourense, a Xunta aforra e suprime servizos contra incendios.
Como todos acordámonos "do periplo triunfal" do señor Feijóo por xornais e emisoras proclamando o seu papel de "muñidor" na unión das caixas (nun principio en contra da doutrina do seu propio partido), agora déixanos perplexos a súa insistencia en desmarcarse da operación cando miles de documentos gráficos e hemerotecas demostran o contrario.
Certamente nada disto debía collernos de sorpresa nun político que, remando contra toda corrente -a do seu partido que se despeña cara á dereita- declárase social demócrata tras confesión de que no 82 votou ao PSOE. Outra mostra da firmeza dos seus principios.
¿Despilfarros? O mausoleo do Gaias, estradas a ningunha parte, ou ao monte do Gozo para maior gloria de Fraga; polígonos industriais que permanecen baleiros e paseos marítimos para pobos que demandaban centros de saúde ou residencias para a terceira idade.
E agora a sanidade, vendida aos empresarios que piden máis euros; e a educación subvencionando aos colexios relixiosos e privando de ingresos á escola pública.
Aí están os feitos e por aí resoan os devanditos

Ningún comentario: