luns, 10 de outubro de 2011

FUNCIONARIO SEÑOR RAJOY

Mentres o PP de Galicia recorta máis de dous mil millóns de euros en educación e pon na rúa a dous mil docentes, o funcionario Rajoy, en excedencia, segue gozando das vantaxes duns privilexiados funcionarios: os rexistradores.
As contas faias un dos directamente prexudicados na súa dobre faceta de educador e pai de familia, ás que pode engadir a de cidadán cumpridor coas normas e leis.
Resulta que mentres en Galicia descenden os investimentos nas universidades (a cifra é de dez millóns de euros); afórranse millóns en axudas aos libros e restrínxese o transporte escolar, ademais de recortar un 38% nos comedores escolares, o señor Rajoy, distinguido funcionario con praza de rexistrador en Santa Pola, hoxe en excedencia, pero conservando todos os privilexios, foxe de calquera pregunta sobre o grupo de funcionarios ao que pertence (unha casta con ingresos multimillonarios e sen parangón en ningún lugar de Europa), pero que cobran directamente do cliente que é, á vez, contribuínte.
É máis: recentemente confesou nunha das súas clásicas roldas de prensa que non sabía seguro se era ou non funcionario... o que xa lle explicaron de longo reprochándolle a súa mala memoria, pois ao parecer recibe mensualmente unha cota-parte dos ingresos que xera o seu despacho.
Rajoy é tamén soado pola súa frase de que "liberalizar o soldo axuda a baixar o prezo da vivenda", decisión do Goberno de Aznar para converter todo o monte en orégano, que digo, ¡ouro! co resultado coñecido da burbulla inmobiliaria que afogou a algúns e enriqueceu a outros, de modo especial, por exemplo, os rexistradores da propiedade, uns funcionarios que grazas a unha lexislación decimonónica gozan dunhas vantaxes que en pleno século XXI parecen incribles e que o funcionario Rajoy non tocará.
E é que hai que premiar aos aforradores, emprendedores e demais grupos que forman esa gran familia que xa se ve recompensada co primeiro premio o 20-N.
Aquí teñen un exemplo: desde unha xestoría, unha empresa constituída dous días antes de ser convocado o concurso público para manexar o tráfico de colectores no porto exterior de Ferrol, gáñao e "redondea" o triunfo vendendo o choio a unha firma portuguesa.
E agora o noso 009 busca outros emprendedores na Canle de Panamá...

Ningún comentario: