luns, 3 de outubro de 2011

QE PENSA FACER O CANDIDATO DO PP?

¿A quen beneficia este caos económico no que levamos sumidos tanto tempo? Porque a alguén beneficia, e iso está ben claro. ¿E os Gobernos de toda Europa non o saben? E, se o saben, ¿por que non actúan en consecuencia? E, remitíndonos ao noso país, ¿por que Mariano Rajoy non di unha palabra clara acerca de cales son as súas propostas para sacarnos da crise? Permítame, entón, o señor candidato do Partido Popular que, xa que el non di nada, fágalle unhas preguntas, para o caso de que fose elixido polos españois.
¿Vai, como xa manifestou nalgunhas ocasións, a baixar os impostos? ¿Desconxelará as pensións e subirá aos funcionarios o soldo que lles baixou o Goberno de Zapatero? ¿Aspira, el tamén a crear 3.500.000 de postos de traballo nunha lexislatura? ¿Vai manter o seu tan repetida frase de que "só co cambio de Goberno xerarase confianza e a situación mellorará", ou se vai a escudar en "a herdanza recibida"? ¿Comprométese o señor candidato a que o ensino e a sanidade públicas non se sigan deteriorando? ¿Que vai facer con ese imposto "ridículo" sobre o patrimonio dos ricos? Xa que o considera inxusto "porque prexudica aos aforradores", ¿comprométese a quitalo apenas pise A Moncloa? ¿Ten algunha idea achega do Concordato coa Igrexa católica, que supón un enorme gasto para este Estado aconfesional no que vivimos?
Demasiadas preguntas, talvez, para quen se mantivo na ambigüidade, ou no silencio, durante case oito anos.
Queda tamén por saber se, chegado o caso de que sexa elixido para gobernar, pase de recorrer o Estatut a falar catalán na intimidade, e se se atreverá, como fixo no seu día Aznar, a chamar aos etarras "Movemento Nacional de Liberación Vasco". A.V.

Ningún comentario: