domingo, 2 de outubro de 2011

RECORTES

Recortar é o verbo de moda entre os políticos españois: en persoal, en salarios, en infraestruturas, en empresas. O Rei Don Juan Carlos comentaba, tras un xantar cos presidentes do Goberno e do Congreso, con Zapatero e con Bono, que "hai que facer sacrificios". Cataluña apraza dous meses os pagos ás residencias que coidade a anciáns e a discapacitados... Estremadura, Murcia e Castela e León rebaixan nun 20 por cento as súas contas públicas. Onte foron Navarra e Baleares as que se sumaron ás restricións para aforrar 400 millóns de euros, para o que o Goberno balear eliminará 800 postos de empregados públicos. E, por se a alguén lle consola, na veciña Francia, onde "tamén cocen fabas", uns 30.000 funcionarios quedarán na rúa no próximo ano.
Hoxe o gran símbolo de España non é o touro de Osborne nin a camiseta vermella da selección nin o "Guernica" de Picasso, senón que é unha tesoira, unha inmensa tesoira de cuxas follas saen miles de tesoiras medianas ou pequenas, á medida da poda que en cada caso encoméndeselles. E como estamos en tempo pre-electoral, Rajoy di que a tesoira de Rubalcaba é máis feroz que a súa, mentres que o candidato popular di que para recortes e para destruír riqueza ninguén o fai mellor que os socialistas.
A realidade é terca, os números cantan e, como di Barack Obama, "non estamos falando de loita de clases senón de matemáticas". Dános a impresión de que quedan moi lonxe aqueles tempos en que en España se ataban os cans con longaniza, en que se construían edificios inútiles, en que as autonomías abrían embaixadas en todo o mundo, en que se contrataban asesores por decenas. Pero, amigos, eses tempos foron onte mesmo. E estamos pagando as consecuencias. Primeiro o símbolo de España foi a chistera máxica da que saían coellos de ouro. Agora é a tesoira, que ás veces curta polo san, e que non deixa monicreque con cabeza.

Ningún comentario: