xoves, 5 de xaneiro de 2012

DE QUE CAMBIO FALABA O PP?

É hora de chamar ás cousas polo seu nome. Empezamos o ano cunha rebaixa nas rendas por traballo que poden chegar para algúns ata o 9% no peor dos casos tendo en conta a inflación. Enganáronnos, e ben que o fixeron, porque sempre gravar aos que vivimos dunha renda salarial foi a fórmula fácil polos séculos dos séculos, ¡que imaxinación! O que sempre paga e de cando en cando defrauda porque nos teñen ben colleitos. E intentan disfrazalo de "imposto solidario". Non. Sería solidario que pagasen aqueles que nos levaron a esta situación, entre eles todas esas autonomías despilfarradoras: pidan contas de todas esas estradas e aeroportos que non se utilizan e pregunten vostedes onde está ese diñeiro. Ou ¿onde foi a parar esa inxección de diñeiro do Banco Central Europeo que se tiña que traducir en créditos para empresas e familias? ¿Por que razón non se lles pide contas ás entidades financeiras?-  P.C.

Ningún comentario: