martes, 17 de xaneiro de 2012

MARIANO ¡ESTÁS RODEADO!

E é que, como dicía o clásico, un é dono dos seus silencios, pero culpable dos seus excesos verbais. O que aquí o pobo chama "ou falar non ten cancelas".
E é que ¿quen non recorda as grandes frases que foron lapidando a lista dos seus favoritos? Estes días, nos que se xulgan a dous expresidentes de comunidade -Valencia e Baleares- con carné e amplo percorrido no PP, fanse máis rechamantes aquelas frases do hoxe presidente de Goberno. ¿Recordan? A Camps díxolle, coa televisión por testemuña, que sempre estaría ao seu lado: diante, atrás, onde fose, o que parece unha frase de película cando o amigo do protagonista xura que lle levará tabaco e consolo ao trullo que este non é o caso.
A Matas, ¿recordan?, prometeulle se chegaba a Moncloa, levar ata alí, para repartir por toda España, imaxino, a súa política
A Fabra chamoulle "político modélico" e á actual ministra de Sanidade a apoio, aínda que a mala memoria non lle permita recordar cantos coches había no garaxe familia regalo da "Gürtel".
Un colega dedicado a rebuscar entre o lixo informativo, José María Esquerdo, autor dun libro que recolle os máis de mil insultos da caverna mediática, fixo tamén as súas contas para dar unha cifra dos representantes do PP que, como presuntos ou como implicados, teñen que presentarse ante os tribunais: pasan do medio cento.
Tamén hai quen ten sumados os disparates (aeroportos, autoestradas, AVE, mausoleos etc.) repartidos por todo o país e perpetrados, maiormente, desde as autonomías... cunha gran vantaxe ás que teñen á gaivota por animal de compañía. Sen ir máis lonxe contamos con 48 aeroportos -o dobre que Alemaña- dos que só unha ducia sobreviven sen axuda do Estado.
Non se trata, que tamén, claro, do seu custo, senón do seu mantemento que está baleirando a caixa común. No de Castelló, só vese a estatua de Fabra e no de Badaxoz, pechado antonte, o testemuño dunha tolemia.
Aquí temos estradas que non van a ningún sitio ou unha que vai ao monte do Gozo, onde Fraga repartía empanada e viño, ou que vai ata a Cidade da Cultura, o panteón máis caro do mundo, ou os tropecentos parques industriais que só teñen herba ao redor. Mires onde mires, Mariano, ¡estás rodeado!..

1 comentario:

UN INDIGNADO dixo...

Es evidente que hay corrupción, tanto en el PP como en el PSOE. Por ser los partidos mayoritarios.
Los políticos de este país en mayor o meno medida: "trincan", "guindan", "choricean" , llamadlo X. Y es evidente que en tiempos de elecciones es interesante o puede serlo sacar los trapos sucios del contrario para sacarles rentabilidad política. Además con que sea un rumor o un sumario mal instruido como el que está protagonizando el juez Garzón pues ancha es Castilla.
Mientras y esto es lo grave, el paro sigue, la vivienda está por las nubes, la inmigración va a convertirse en un problema por la falta de trabajo, etc.
Vosotros mismos, pero no es tema de derechas o de izquierdas, de PP o de PSOE, es un problema de honestidad y de un sistema putrefacto, en el que jueces, fiscales, políticos, contructores que untan y demás tontos peligrosos, manejan la vida del contribuyente.
Ale! seguid riendo las gracias al partido político del que seáis simpatizantes, y seguid pagando a esta pandilla de "triperos" que así nos luce el pelo a todos.