mércores, 18 de xaneiro de 2012

PARADOXOS

Sen dubidalo vivimos co paradoxo ao lombo. Sobre os nosos ombreiros o seu peso contraditorio, o razoable sometido ao absurdo ou certa incompatibilidade aparente que esconde un pensamento máis profundo. Remítome aos feitos irrebatibles. Por exemplo, un home tan cauto como Rajoy prometendo durante a última campaña electoral non alterar a base impositiva e aos cinco minutos de ocupar a cadeira de brazos de mandamás sobe o IRPF e o IBI. Escravitude de palabras, que ben puidese haberse aforrado -pois ninguén lle obrigaba-, a cambio de silencios que contradin o seu bo cartel de candidato agudo... Sen esquecer, doutra banda, que, aínda que non concluíron os seus cen días de confianza, semella craso erro e metedura de pata non "adiviñar" ou "comprobar" o socavón deixado polos seus antecesores e premialos -para maior inri da súa nefasta xestión- con condecoracións e longos colares.
Rodar inconsciente do mundo que fai corredores aos coxos. Así a prometida "temporalidade" nas puyas á clase media, asegurándolle alegría solidaria, polo ínclito ministro de Economía; tomándonos por imbéciles integrais, sexamos "membros" ou "miembras". E o summum capcioso, designando colaborador do gabinete unha "soga" repleta de antecedentes ideolóxicos en casa do aforcado.
Mundo traidor onde nada é verdade nin mentira, senón da cor do cristal con que se mira... Así declararse liberal -filosofía política dos votantes, que queiran gardar os diñeiros gañados nos seus petos- e actuar como social demócrata administrando esas economías domésticas baixo a protección do Tesouro Público. ¿Recordan? Non canóns en vez de manteiga, senón a manteiga baixo a protección dos canóns...

1 comentario:

UN CIUDADANO dixo...

La unica manera de controlar el gasto de las autonomías es eliminarlas, mientras tanto seguirán despilfarrando sin control y la deuda seguirá aumentando. MUERTO EL PERRO SE ACABO LA RABIA

Este pais no puede permitirse el lujo de tener 17 gobiernos, estamos en la ruina y el paro seguirá aumentando.