venres, 20 de xaneiro de 2012

A POR O LADRILLO

Fai tempo que o viamos vir: a crise, magnífica escusa para uns cantos desmáns políticos, afectaría tamén ao medio ambiente, relegándoo aínda máis aló na lista de prioridades. Ou, aínda peor, xustificando calquera tropelía en nome do desenvolvemento económico, co pretexto de que é máis importante crear riqueza para o tempo inmediato que protexer a nosa contorna pensando no futuro. Xa os últimos gobernos do PSOE camiñaban por esa senda. E este primeiro do PP estao deixando ben claro desde o principio: o respecto á ecoloxía parécelle un freo ao progreso, e non está disposto a tragar con esas bobadas.
O ministro do ramo, Arias Cañete, afirmou apenas nomeado que non sabía nada do asunto. A esa declaración pouco prometedora seguiulle o anuncio a semana pasada dunha "reforma moi profunda" da Lei de Costas, que permitirá asignar novos usos ao litoral, e do próximo desenvolvemento do turismo -aínda máis- nos parques nacionais. Resumindo: nada se interporá para que un novo ataque do ladrillo e a masificación siga destruíndo as nosas paisaxes e todos os seus tesouros ecolóxicos.
Pero as malas noticias non terminaron aí: dous días despois, sóubose que o noso país renunciaba a seguir ocupando a presidencia do Programa de Medio Ambiente da ONU, cargo que nos correspondía exercer durante un ano máis, xustamente o ano en que se celebrará o Cume da Terra en Río de Janeiro. Está claro que no de proclamar a súa ignorancia, o ministro foi sinceiro. Aínda que, polo que imos vendo, podía mencionar tamén o seu total desinterese.

2 comentarios:

DEMOCRACIA dixo...

Creo que es hora que desde el mundo de la Ley ,jueces , abogados , peritos , agentes judiciales , etc empiecen a defender la Ley con mayúsculas , ya que a nivel del pueblo llano poco ilustrado en el galimatías de la justicia , empieza a recelar de los giros y dobles raseros a los que continuamente se ven sometidos . Esta sería otra forma de indicar que es distinto el delito si tienes buenos abogados que te defiendan o "buenos " políticos que cambien o modifiquen las leyes . La ley tiene que ser única y fuerte para ser justa e equitativa , por eso pido la defensa de leyes como la de costas . Las autonomías se han convertido en reinos de Taifas que fagocitan el pais cortando lascas de carnaza cada vez más grandes sin importar el interés general , para luego demostrarse que no son intereses de su población autónoma , sino de negocios y amistades , que los perpetúan en el poder como pago de sus servicios

UN INDIGNADO dixo...

Lo que me queda claro es que los politicos espanoles, y sobre todo los politicos de nivel regional o autonómico, son unos catetos. Cosa que se hace obvia cuando se observan las medidas que toman, la corrupcion a la que se someten y la vision que preten implementar. El politico espanol es responsable del deterioro de las costas y no solo esto, sino que es responsable de que los hijos y nietos de este pais, incluidos los hijos de los politicos del PP o CIU, PSOE o quien quiera que sea, no puedan apreciar la belleza de nuestra costa