martes, 31 de xaneiro de 2012

SEÑOR, QUE BOCHORNO

É un pobo con mar. O acusado quería un ovo ao tío que lle fixo agasallos. Este "pasouse" varios pobos cos agasallos para a muller e a filla.
A muller pagara os traxes do seu amante marido... e tamén os pagou o chofer... e máis tarde, o acusado confesou que non pagara nada e, despois, dixo nones confiando o seu futuro ao grupo dos seus "amiguitos da alma" e deixando en pelotas (con perdón polo eufemismo, pois traxes, pantalóns, chaquetas e zapatos se os houbo) a outros compañeiros de pena.
As cintas escoitadas na sala porían coloreado á  Capone e, finalmente a decisión popular -como fixera nas urnas- votou polo acusado. Non culpable, que non inocente, sentenciou.
¡Vós si que sodes inocentes! E é que o "curita" mentiu (pois nin pagou os traxes a súa muller, nin o chofer, nin el) e diga o que diga a señora da venda nos ollos e cen veciños postos en fila, ese señor é un bochorno para a cidadanía, en xeral, e para as boas xentes que habitan o reino das flores e o amor.
Algo cheira mal, moi mal, entre os naranxos en flor. E sabémolo todos menos os que dixeron o contrario... e xa sabemos, unha vez máis, como funciona aquí a xustiza e, segundo os plans do novo ministro como vai funcionar no futuro.
E se lle dan un pouco de tempo volveremos á época idílica de Xaime Maior Oreja.
Por se isto fose pouco, e que, demos, ninguén pode crerse o texto da sentenza que pon branco sobre negro o que todo o mundo ve por terra (desde as carreiras de coches ata os bolsos de Vouitton), por mar (os excesos que arruinaron ao país das flores), ou polo aire como ese aeroporto para pasear, co seu "hacedor" ante os tribunais (¡socorro!).
Cambiamos de lugar, pero seguimos entre "puñetas": por vez primeira na historia xulgan a un maxistrado que levantou o caso de maior corrupción padecida en España e que, tras encausar a Pinochet, loitar contra o terrorismo e a corrupción, atreveuse cos crimes do franquismo... O que, en palabras de Manuel Rivas, demostra "un estado de penumbra legal e moral onde o xulgado é o xusto, o capitán que nunca abandonou o barco".
Resistiremos?  José M.Villot

1 comentario:

VOLTAIRE-VIGO dixo...

¿DORMIRÁ BIEN ZAPATERO?

ESPAÑA Según la Red Europea contra la Pobreza
11 millones y medio de españoles, en riesgo de pobreza y exclusión social


LA NOTICIA:

Más de la cuarta parte de los ciudadanos se encontraban en riesgo de pobreza y exclusión social en el año 2010, cuando se incrementó en un millón de personas el número de ciudadanos en esta situación respecto del año anterior, según un estudio elaborado por la Red Europea contra la Pobreza (EAPN) y dado a conocer por su filial en Madrid.


La Red utiliza el indicador europeo AROPE (según el riesgo de Pobreza o Exclusión, por sus siglas en inglés) para medir el grado de pobreza y exclusión en España. Concluye que en 2010, más de 11,5 millones de personas en España, un 25,5% de la población, se encontraban en esta situación frente a los 10,6 millones identificados en el año 2009.


VOLTAIRE-VIGO

Mientras Tanto miles de concejales de medio pelo, que no dan un palo al agua, senadores cavernícolas que no pintan nada, cientos de alcaldes de aldeas con cuatro vecinos, más de mil doscientos diputados autonómicos QUE NO LOS CONOCEN NI EN SU CASA, chupando de la ubre pública y más de la mitad de los diputados que no aparecen por el escaño, TODOS, CON SUELDOS MILLONARIOS y permitiendo que los grandes ejecutivos de la banca, multinacionales y grandes corporaciones, se llenen los bolsillos a cuenta de los ciudadanos de siempre.

Mientras tanto, el JEFE DEL ESTADO, (El rey) Mirando para otro lado, o más preocupado por sus negocios y los de su yerno URDANGARIN.

Dan asco.

- “El mayor crimen está no en el que mata, sino en el que deja matar” (Ortega y Gasset)



(La corrupción que nos invade)