luns, 30 de xaneiro de 2012

DE AVES E OUTROS PAXAROS

Mentres a ministra Ana Pastor, con casa e parte da súa historia feita en Galicia, tomouse o seu tempo para darnos data para a aterraxe do AVE en terras galegas, ese tren circulará por Arabia Saudita grazas ás xestións do anterior Goberno e o pulso de moitas empresas, entre elas, unha galega.
Nesa reunión a ministra zamorana-pontevedresa non se referiu "ao equipo anterior" que o fixo posible, pero cando falan de "o noso AVE" os da gaivota recórdannos ao "Goberno anterior" e a herdanza que teñen que pagar.
Ollo: eles, os da gaivota, os que mandan, non pagan nada senón vostede, a súa tía, o seu cuñado e eu, a través de impostos e taxas que nos soben cada pouco.
Pois ben: durante o mandato do anterior Goberno investíronse para que o AVE pouse en Galicia máis de tres mil seiscentos millóns, mentres o Goberno "amigo" de Aznar, con Feijóo e Fraga batendo palmas, gastouse pouco máis de cincocentos millóns... O demais son tiros ao aire, contos en lugar de contas.
Feijoo9, a esada flamígera de Blanco, queixábase da previsión do Goberno anterior: outono de 2015 e agora confórmase, dixo, con que chegue o día dos inocentes de 2018.
Estamos fartos de contos e queremos que nos fagan as contas claras. Ademais, para a volta da esquina, algunhas voces din que subirá o IVE e seguirán os recortes en sanidade, educación e obras públicas. Portugal, ¡tan lonxe e tan cerca!, é o modelo.
E a nova tempada pode traer a venda de Paradores (outra das xoias da coroa) e novas medidas que nos leven directamente ao abismo e que, segundo Mariano, son inevitables pois "eles (o duo alemán-francés) mandan", como ben recordou o ministro señor Guindos, posto ás ordes de Europa.
Uns cantos paxaros de conta mandados a distancia polo que chaman os mercados. Miúdos paxaros están feitos. J.M.V.

Ningún comentario: