mércores, 22 de febreiro de 2012

IMPOSTOS E DESIGUALDADE

Na plural España prodúcense situacións difíciles de entender. Por exemplo, as diferenzas tributarias que existen entre as distintas comunidades autónomas pola capacidade de cada territorio para lexislar sobre os impostos. Poñamos o caso dun matrimonio con dous fillos, cunha hipoteca e cun salario inferior a 43.000 euros ao ano. Esa familia paga, en concepto de IRPF, máis de 3.600 euros en Estremadura, Asturias ou Aragón, e non chega a 250 euros en Castela e León. E se falamos de patrimonio ou de compravenda de vivendas, as diferenzas tamén son notables nas distintas comunidades, ao que hai que engadir a discriminación histórica que representan os réximes forais do País Vasco e de Navarra.
Os políticos falan de igualdade, interpretando o espírito e a letra da Constitución. Pero esa igualdade non existe, e danse casos de dous pobos próximos, separados por apenas un quilómetro, pero coa circunstancia de que forman parte de distintas autonomías, e o que pagan de tributos os seus habitantes é moi dispar, ás veces con diferenzas que, para a unidade familiar, superan os 3.000 euros ao ano.
Pero, como dicimos, os políticos que falan de igualdade están á súa bóla e non se deciden a porlle o cascabel ao gato... Como tampouco llo puxeron noutro asunto: o perder a batalla do acordo da Unión Europea con Marrocos, que lesiona gravemente os intereses dos agricultores do val do Ebro, de Murcia, de Andalucía... Están en perigo miles de postos de traballo (só no sector do tomate, case 4.000), e afectan tamén ao pepino, a fresa, a mandarina, o allo e o azucre..., ademais de ser a puntilla para a economía agraria desas zonas. Os eurodiputados españois votaron en contra dese acordo, pero de nada serviu porque son unha minoría no Parlamento Europeo.
E así estamos nestes tempos de vacas fracas: cada día, cunha mala noticia; cada día, cun sobresalto...  Luis del Olmo

2 comentarios:

Anónimo dixo...

LAS AUTONOMÍAS UNA ¡¡¡RUINA!!!

Todo ello ha dado pie a una situación de fiscalidad dispar, cada vez más cuestionada. Así, impuestos estatales como el de Sucesiones tributan de manera diferente en la Comunitat Valenciana y en Extremadura, por poner un ejemplo. De este modo, los descendientes de un fallecido con domicilio en Valencia tendrán una bonificación del 99% en la cuota del impuesto al recibir su herencia, mientras que los hijos de otro fallecido con domicilio en Badajoz tendrán que pagar íntegramente la cuota correspondiente, ya que la legislación de su comunidad no contempla reducciones.
En el régimen general del impuesto, que contempla muy pocas reducciones, se incluyen Extremadura, Andalucía, Asturias y Cataluña. En una línea intermedia, con mayores bonificaciones pero también bastantes limitaciones, se sitúan Galicia, Aragón y Murcia. Mientras que, en otros casos, como la Comunitat Valenciana, Madrid, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Canarias, Baleares, La Rioja y Cantabria las bonificaciones son muy elevadas y pueden llegar a la exención del impuesto.

¡¡ciudadanos de primera y ciudadanos de segunda!!

m. gabriel b. dixo...

debemos ajustarnos los cinturones en estas épocas de vacas flacas sin dudas..