domingo, 12 de febreiro de 2012

MARIANO "MANOSTESOIRAS" METE MEDO

A Apocalipse é só un libro. Dio o xornalista David Curral. Pero recorrer ao medo é un sistema antigo. O Medioevo foi a exaltación do medo para o triunfo da relixión. O pánico ao inferno paralizou a ciencia e a fe foi o substituto de calquera avance do coñecemento.
Mariano Rajoy descubriu o poder hipnótico do medo. Contra esa formulación hai unha vella receita. A do fregués ofendido polas ameazas do averno desde o púlpito que lle gritou ofendido ao predicador: "Se hai que ir ao inferno vaise, pero xa non nos meta máis medo".
O equilibro de Rajoy é un malabarismo no trapecio que ten dous puntos de apoio. As esixencias inmediatas da señora Merkel dunha reforma laboral e as eleccións do 25 de marzo en Andalucía e tamén en Asturias.
Por iso o medo expandido onte desde a tribuna do Congreso é a preparación para o mazado da reforma laboral que se fará publica o venres 10 de febreiro de 2012. Non hai consenso, haberá imposición. E case todos, coas ameazas do inferno que escenificou Rajoy, tenderemos a cavilar na tentación de que non hai outro remedio.
Esta é a purga de Benito en dose que parecerán que son tolerables; pero a suma delas é letal para o enfermo. Primeiro, a subida de impostos. Despois, a reforma laboral e cando haxa presidente en Asturias e en Andalucía, os orzamentos das tesoiras.
Non o está facendo mal, Rajoy. Refírome á posta en escena dos maiores recortes da historia da democracia. O adobo é o medo. E unha sociedade aterrorizada paralízase.
O presidente aprendeu que o optimismo non conduce máis que ao descontento cando non se sustenta en feitos positivos e non os hai. pasamos do optimismo patolóxico de ZP ao catastrofismo recortador de Rajoy.
A Apocalipse tranquiliza moito cando se comproba que é un libro. Pero o que vai suceder é sinxelamente o retroceso nos dereitos e liberdades que están a piques de converter a nosa condición de cidadáns en súbditos dos mercados e de quen os manexan. Cando a indignación sexa máis poderosa que o medo, explotarán as válvulas de contención da protesta dunha sociedade que agora está paralizada, precisamente, polo medo. C.C.

1 comentario:

VOLTAIRE-VIGO dixo...

El Coltan en Africa = Guerra, muerte y meseria II



Sin comentarios...


Ver video:
http://youtu.be/OYr2pgcJ6ok


A todos aquellos que poniendo en riesgo sus vidas, atraviesan el estrecho y se echan a la mar en precarias embarcaciones escapando del hambre y la miseria del RICO CONTINENTE AFRICANO, mi consejo:



Ármense también de valor y luchen para que las GRANDES MULTINACIONALES y corporaciones que forman el CAPITALISMO SALVAJE, dejen al menos 60% de sus ricos beneficios en el país que los origina, para que sus “ESCLAVOS” no se mueran de hambre, miseria y guerras triviales organizadas por mandatarios corruptos y armados por multinacionales del mal llamado primer mundo.



"Si no peleas para acabar con la corrupción y la podredumbre, acabarás formando parte de ella" (Joan Baez)



VOLTAIRE-VIGO

(Del blog La corrupción que nos invade)