domingo, 25 de marzo de 2012

HAI RECEITAS PARA PAGAR O MALGASTO?

A crise e o malgasto das administracións públicas durante os últimos anos resquebraxan o estado do benestar. Analistas políticos consultados sinalan que os pilares nos que se moveu a sociedade española durante as últimas tres décadas en materia social, a educación, a sanidade, as pensións e o dereito ao paro atópanse nunha encrucillada de difícil solución. "As vacas gordas xa non existen, e guste ou non guste, España enfróntase a unha situación que fai moi difícil soster o estado do benestar tal e como o tiñamos entendido ata agora". E con problemas conxunturais e estruturais de grande envergadura. Un déficit público desmesurado que obriga a recortes por todos os capítulos orzamentarios. "A pólvora do rei xa se acabou -sinalan as mesmas fontes- e agora, sen munición nas arcas do Estado, a realidade sinala que cos crecementos negativos da economía española, con miles de persoas que cada mes van ao paro, con máis de 5.300.000 persoas no desemprego, os fondos para cubrir eses pilares do benestar xa non chegan". E agora, indican esas mesmas fontes, é cando nos estamos dando conta do que está ocorrendo.
Empezou coa educación, pero a proposta de CIU en Cataluña do copago nas receitas expedidas polos médicos do sistema público de saúde abriu outra llaga. Coa abstención do PP, a Generalitat poderá pór en marcha un sistema para cobrar un euro por cada prescrición de medicamentos dos seus facultativos. Por certo, como recordan as mesmas fontes, a mesma Generalitat catalá que por outra banda se nega a reducir gastos eliminando as súas "embaixadas" no estranxeiro, tal e como lle solicitou o Goberno do PP para non poder a súa influencia internacional e a mesma que dará apoio xurídico, é dicir pagando a avogados, aos concellos desa comunidade que decidan eliminar a bandeira de España dos seus consistorios. Ou tamén a mesma que non se opuxo á insumisión fiscal do Concello de Xirona contra a Axencia Tributaria, anunciando que todos os seus ingresos impositivos trasladarallos  a súa homóloga catalá.

Ningún comentario: