sábado, 14 de abril de 2012

A DOUTRINA MARIANISTA

Cumpridos ese centenar de días que piden os políticos para que lle "fagan o seu retrato", un fino articulista e admirado escritor -Juan José Millás- debuxou a paisaxe que nos rodea, logo dos cento e poucos días (Semana de Paixón por medio) que o país leva soportando a doutrina "marianista".
Nesta paisaxe, con figuras perfectamente reconocibles, o autor (o pintor ou retratista, como vostedes prefiren) ofrécenos o perfil dos feitos máis destacados que marcaron ese tempo, aínda próximo, polo que non "amarillea" a fotografía senón que a expón con toda a súa rotundidade.
Temos un primeiro apunte e é cando se fragua a feroz campaña contra o xuíz Baltasar Garzón, que o artista "pinta" así: "Quítame de encima a ese xuíz que me está tocando os collóns..." e van, e quítano.
E, pouco despois, o cadro -a fotografía- recibe novas pinceladas, outros personaxes, que así ve o seu autor: "Quítame agora de encima a esa cúpula policial que tivo os ovos de investigarme...?.
Non fai falta fixarse con detemento na paisaxe actual para ver, ¿padecer?, o rotundo cambio nos corpos de Seguridade do Estado.
E, dentro do prazo deses cen días nos que ao artista ofrece o retrato da paisaxe que hoxe nos rodea, hai outro brochazo, unha nova instantánea, onde aparece a voz que pide "destituír a un grupo de inspectores de Facenda que tiveron a ousadía de achegar o nariz a algúns negocios... e, nada por aquí, nada por alí, dunha plumada cámbiase o equipo reitor da Facenda Pública que se dedicaba a perseguir a aqueles que defraudan e rouban ao país enteiro.
E xa, ao bordo de cumprirse os cen días, de novo pídese outro favor que reflicte a fotografía, na paisaxe, que nos debuxou na súa columna Juan José Millás: "Necesitaría blanquear uns vinte e cinco mil millóns de euros porque me sae a pasta polas costuras" e chega a amnistía, a cambio dunha modesta comisión-multa.
Acaba o articulista queixándose de que o cadro que ofrece hoxe España parece un encargo do III Reich... coa colaboración da Cousa Nostra. Pero non acaban aí as cousas: logo de favorecer a uns, toca "poder" ao resto: subirán os servizos médicos e o IVE se fai falta. Anúnciao "ABC".

Ningún comentario: