luns, 7 de maio de 2012

AS PRÉSAS DE RAJOY

Compréndese a présa de Rajoy. A súa présa por facer reformas a fondo, pois as medias tintas afundiron a Zapatero A súa présa para facelas ao principio do seu mandato, xa que agora rendibiliza a súa maioría absoluta e non ha de pensar en eleccións. A súa présa para cumprir cos mandatos da Unión Europea, que é quen nos pode prestar diñeiro para saír adiante.
Pero a présa adoita ser mala conselleira. A présa, ás veces, leva a tomar decisións inmaduras. A présa pode levar a acumular en pouco tempo medidas que se son impopulares multiplican o malestar social. Abrigo se se presentan nun ton arrogante e pouco dialogante. Ata no caso de que sexan necesarias, acertadas e urxentes. A inmadurez, a acumulación e a imposición, son tres fallos que poden malograr o éxito das mellores intencións.
Aos graves males da situación, aínda que sexa herdada, non se lle poden engadir outros males.
Présa, si, pero madurando ben cada paso; non acumulando lategazos sobre costas xa feridas; e sen aires de superioridade por máis que as urnas invistan ao que manda para que goberne. Tamén hai ritmos e matices no xeito de gobernar. Os cambios apreman para non caer en intervención ou quebra. Levamos anos de atraso, certo, pero correr demasiado tamén ten os seus riscos. Rápido, pero sen pasarse.
E os sacrificios que se piden á cidadanía, debesen ir acompañados dalgún alivio. Os recortes, compensados con máis claros e eficaces estímulos á reactivación, aínda que non poida ser inmediata. Hai que atender aos emprendedores, para que emprendan, non para que boten máis xente á rúa. Máis xente á rúa quere dicir máis axentes a vixiar as manifestacións.
Hai que cumprir, seguramente por necesidade, as directrices dos mandamases da Zona Euro na que estamos, pero quizais tamén negociando máis a fondo. Tamén eles dubidan, cambian de opinión e non son uns anxos da garda.
Gobernar, si; pero coidado coas présas excesivas e o ton demasiado autoritario, señor Rajoy. Gobernar non é correr demasiado..., nin pór en marcha as tesoiras cada semana. Ademais, hai que repartir mellor a tea que non se corta.

1 comentario:

UN INDIGNADO dixo...

No sé de que se siente tan orgulloso el cacho memo del presidente. Que está tomando medidas que otros no hicieron, dice. Medidas poPPulistas más bien, porque todas tienen trampa y cartón, ya nos conocemos su proceder de cara a la galería (la lideresa madrileña presumía de haberse rebajado el sueldo, y resulta que había por ahí un complemento oculto que compensaba con creces la rebaja).

Anuncian medidas a bombo y platillo como lo de los pagos a proveedores, que iba a ser inmediato, y ahora resulta que se va a retrasar unos meses porque antes tienen que presentar las cuentas y bla,bla,bla,.. vamos que a estas alturas todavía no conocen la magnitud de facturas que tienen sin pagar, ¡JA!. Y así con todo.

Pero eso sí, para hacer una reforma laboral salvaje, subir impuestos a las rentas más bajas (caso IRPF, IBI), aprobar partidas para salvar el pellejo a los banqueros trileros, etc. ahí si que son rápidos y faltos de escrúpulos. Y encima nos amenaza con más hachazos, nos hunde en la desesperación con sus previsiones alarmistas y pretende inocularnos el miedo al futuro, invocandonos a un sentimiento de culpa y responsabilidad para que aceptemos sin rechistar lo que se nos viene encima.

Ahora, a los corruptos, ineptos, defraudadores, avariciosos, trileros de su alcurnia, los que han provocado esta ruina, ni un sólo esfuerzo ¡oye!, es que ni una palabra más alta que la otra. Y la justicia a por uvas.

Nos toman por gilipollas, ni más ni menos. Y este tipo cada vez que se levanta de la tumbona y abre la boca es para insultarnos.