luns, 14 de maio de 2012

A CRISE QUE NON CESA

Cada día, coas tesoiradas que aplica Rajoy, os efectos negativos da crise económica nótanse máis na sociedade, que vai perdendo o seu Estado de benestar e caíndo nun pozo sen fondo, tamén psicolóxico, do que será difícilísimo ou casi imposible saír. E agora anuncia, ameazante, que todas as sextas feiras haberá outras medidas aínda máis duras.
Se xa por desgraza nos discursos políticos que se costuman facer abundan as medias verdades e mesmo as falsidades, Rajoy podería obter o título de campión do incumprimento dos compromisos eleitorais. Praticamente todas as súas principais promesas foron esquecidas, facendo no goberno, o que é máis grave, o contrario do manifestado. Poderíamos cualificar a súa xestión como estafa política ou fraude electoral. O político pontevedrés, que xa non estaba afeito a dicer a verdade cando falaba de fiíños durante a catástrofe do Prestige, gosta tamén dese triste papel de funcionario ao servizo dos intereses da banca e do de pasar á historia como o liquidador definitivo das condicións de vida dignas para a maioría dos cidadáns.
Mais eles non tiveron culpa da crise, debida principalmente á burbulla imobiliaria montada pola banca e os construtores co apoio do goberno de Aznar, do que formaba parte, e que orixinou un crecemento artificial. Os bancos alemáns prestaron millóns aos españois, e agora queren a devolución garantida e rápida desa débeda astronómica. Coa diminución dos gastos sanitarios, educativos e sociais, co cesamento dos investimentos públicos, co aumento do IRPF dos asaliariados e dos impostos indirectos, quérese facer pagar á clase media e á baixa esa enorme débeda privada. Embora non se lle pasa a conta aos enriquecidos responsábeis da banca. Nen se evita e persegue a fraude fiscal das empresas. Nen se recortan os postos institucionais, coa eliminación de deputacións e Senado, as fusións de concellos etc. Ao contrario, continúanse gastando inxentes cantidades en infraestruturas desnecesarias e antiecolóxicas como as do AVE ou as aeroportuarias. E non se procura austeridade nos gastos militares e eclesiásticos.
Os servizos esenciais da sanidade, a educación e a dependencia convértense en negocios lucrativos. E como xa sucede na Inglaterra e nos EEUU, ao se triplicar as taxas universitarias, muitos terán que pedir prestamos e hipotecarse durante décadas. A formación universitaria será apenas para as elites. Este neoliberalismo extremo do PP diríxenos cara á catástrofe social, alén do suicidio económico. Vai ser difícil viver aquí con soldos baixos e prezos elevados. Miles de persoas emigrarán para fuxir dunha década de precariedade. Só unha mudanza política evitará a catástrofe. Mais teria de aparecer unha alternativa, apoiada pola cidadanía, desobediente con Merkel e distinta ás do PP e PSOE. Arxentina, que hai dez anos tivo unha crise parecida, saiu dela por mor das medidas keynesianas dos Kirchner, adiando o pago da débeda e criando emprego e servizos públicos. Reaxirán aquí cidadáns e políticos?

1 comentario:

Anónimo dixo...

Pues claro que algo no funciona en España.:LA BANCA. Esos que durante la burbuja dejaban dinero a diestro y siniestro sobre tasaciones absurdamente infladas, financiando el 120 por ciento, para el coche y los muebles y eso. Pero también dejaron dinero a espuertas a constructores, empresas cementeras y de cerámicas, productores de saneamientos, materiales de todo tipo, etc. Y dejaron muchísmo más dinero a si mismos comprando, por medio de empresas interpuestas por el propio banco, miles y miles de hectáreas de suelo recalificado o suceptible de serlo. Total, que tienen una ingente cantidad de dinero en la calle, metida en todos esos sitios que acabo de enumerar pero, pocos son los que ahora pueden devolver esos créditos. Miles de millones enterrados en suelo que ahora no interesa urbanizar y que por tanto no vale apenas nada. Y en su fiebre por sacar a producir todo el dinero posible pues se olvidadron de los recursos propios, del famoso "core capital", el dinero contante y sonante de que dispone el banco para hacer frente a las imposiciones de sus clientes. Así que, aún con el chorro de millones de todos que les hemos dado no han podido sino cumplir con sus obligaciones más perentorias, para ir tirando, pero, ni mucho menos para poder dar financiación a nadie. Si algún día se supieran los números exactos veríamos como poco menos que están todos en quiebra.