No medio do barullo dos oito mil polis que protexían en Barcelona aos amos do diñeiro ou os fastos composteláns "dá xuntanza" entre os herdeiros de Konrad Adenauer e de Manuel Fraga; á marxe da festa do Barça-Madrid ou da romaría festiva-relixiosa bendicida por Rouco, Rajoy, a súa familia e unha fiambrera deixaron "impactados" aos veciños do fermoso pobo dos Quintos de Mora, a un tiro de pedra de Madrid e dentro da provincia de Toledo.
Ata alí, co seu papá, interesado en coñecer tan bela paisaxe (entrañable imaxe só comparable á última película de "Indiana Jones", onde tamén corrían aventuras pai e fillo) fóillenos o presi en lugar -como apuntaban os seus xornalistas de cámara- de irse a Canarias ou Sanxenxo, onde ten propiedades, ou a Levante onde está a súa oficina e outras propiedades.
É por aforrar.
É impactante, dicían os veciños.
É unha coña dixo o cociñeiro da leira (propiedade do Estado) e un dos catro empregados que se coidan da casa, ao decatarse de que a señora da casa (da casa de Mariano) traíase a cea en varios "tupper" (o que vostede e eu chamamos fiambreira) para non molestar.
O alcalde dos Quintos de Mora explicou que algo de diñeiro deixan no pobo, pois, aínda que o presidente non gastou nada en comida, compraría o "Marca" e algún puro no estanco mentres os seus escoltas -que paraban no hostal Os Artilleiros- sempre se tomarían un café e un carajillo (pois se entende que, xa postos, tamén virían cos seus "tupper" para aforrar, pois "Mariano é consciente do momento de crise que vive España".
Recordemos que o "rancho de Aznar" (estivo con Bush) foi visitado por todos os gobernantes, desde Franco, aínda que só un levou a fiambreira.
Os clientes dunha barbería do pobo (sempre seguindo o relato de "La Razón") apuntaron que eles sempre detectan cando chega algunha autoridade, pois cortan os camiños e están como acurralados. Tamén fixeron grandes eloxios da longa e negra cabeleira do noso presidente.
Mariano, mentres outros levaban o seu médico e unha ambulancia medicalizada, só levou a cartilla da Seguridade Social. Iso si: logo de confirmar que os recortes de Cospedal non chegaran aínda ao médico do lugar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario