xoves, 17 de maio de 2012

RESCATES BANCARIOS

Rescatar a un banco crebado con fondos públicos e negar a un indixente o dereito universal da asistencia sanitaria non son feitos fortuítos sen relación entre si, son decisións políticas, cara e cruz dunha mesma moeda.
Porque os 114.000 millóns de euros regalados ata agora aos bancos sen contraprestación, coa escusa de garantir o aforro das familias, non serviron senón para parchear o buraco que a pésima xestión dos seus directivos ocasionou durante os anos en que o risco era ignorado porque a burbulla inmobiliaria lles rentaba pingües beneficios. Se desde un principio deixouse crebar aos bancos, purgado responsabilidades e creado un banco público con todo o capital malgastado nos rescates, un banco dedicado a facer a súa función, que é prestar diñeiro ás pequenas e medianas empresas para que a economía funcione, non estariamos tan medorentos dun máis que probable rescate.
As políticas de austeridade impostas, convén recordalo, por ministros procedentes do mundo financeiro e que pagan os máis desfavorecidos con recortes de dereitos esenciais como sanidade e educación, non son nin máis nin menos que un malgaste de diñeiro público que se embolsa a banca. A.T.P.

1 comentario:

UN CIUDADANO dixo...

El sistema bancario español está enfermo. Tiene metástasis general. Los bancos solo se preocupan por sus beneficios, por supuesto con el beneplácito del gobierno. Que mensaje se transmite al sistema bancario español? "Si vuestra gestión es muy mala, si se equivocan a la hora de especular con uno o varios productos bancarios (burbuja inmobiliaria, etc.) no hay problema, el gobierno saldrá a vuestro rescate"

En Islandia el sistema quebró, los bancos se nacionalizaron (porque si pago, me lo quedo) y se están llevando a juicio a los responsables de las gestiones que produjeron la crisis. Además se está estudiando modificar la constitución para impedir que se repita en el futuro. Eso es transmitir un mensaje claro: "Los riesgos de vuestras estrategias especulativas corren por vuestra cuenta " Eso es una democracia verdadera.

Estamos asistiendo al "feudalismo bancario" apoyado por los gobiernos de turno.